fbpx
Músicos nunha ilustración das Cantiagas de Santa Maria / foto KnvyfCCBy Wikimedia

Queres descubrir as Cantigas de Santa María no seu orixinal, en pdf e de balde, no cabodano do rei “Sabio”?

Tempo de lectura: 2 min.

O 4 de abril de 1284, fai hoxe exactamente 736 anos, morría Alfonso X, “O Sabio”. Foi rei de Castela entre 1252 e 1284 e pasou a meirande parte da súa vida en Toledo e no sur peninsular. Mais Alfonso o chamado rei “Sabio” foi un sen dúbida un dos grandes impulsores culturais na lingua de cultura do momento, o galaico-portugués, desenvolvendo, entre outras, unha das súas obras cumio, as Cantigas de Santa María.

Xelmírez co rei Alfonso VI, miniatura do Tumbo de Toxosoutos

Alfonso tivo unha intensa relación coa cultura galega, polo que sempre compre afondar nesta relación. Por isto o Consello da Cultura Galega está a preparar unha gran exposición sobre a súa obra que contará co comisariado de Antoni Rossell. Mais co gallo da preparación de esta exposición, aproveitando o día do seu pasamento e conscientes de ser tempo de descubrir a nosa cultura na casa, a institución pon a nosa disposición varios materiais para descubrir a obra do rei.

Trátase de varias edicións das Cantigas de Santa María en facsimilar, e en formato pdf, así como outros materiais como cortes de audio, e unha reprodución en 3D da Virxe Abrideira de Allariz, do século XIII, que pertenceu aá muller do monarca. As cantigas están recollidas na edición e transcrición do códice de Toledo, en dúas edicións diferentes, con limiares de Henrique Monteagudo e Ramón Villares. Dous libros excepcionais para comprender a nosa historia que podes consultar e descargar neste enlace.

 

 

Pode que che interese...