Reconstrúen un dolmen que fora espoliado para adornar un xardín | Historia de Galicia
Estado no que quedou o dolmen da Casa dos Mouros, no Valadouro, tras unha plantación de eucaliptos / Mariña Patrimonio

Reconstrúen un dolmen que fora espoliado para adornar un xardín

Tempo de lectura: < 1 min.

O dolmen de Budián ou a Casa dos Mouros de Lobeira, no Valadouro, era un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes da Mariña Central. Mais en maio de 2017 sufriu un terrible espolio logo dunha tala e replantación de eucaliptos. Tal e como contamos no seu día, o dolmen apareceu espoliado, coas súas pedras partidas ou desaparecidas e cos restos da súa mámoa estragados.

Daquela Mariña Patrimonio e Adega deron conta á Garda Civil do atentado, dando lugar a un impensable achado. Pois algunhas das grandes pedras do dolmen apareceran nun xardín particular na vila de Foz. Tras a actuación do Seprona a Dirección Xeral de Patrimonio fíxose cargo do xacemento e da súa reconstrución. Tamén obrigaron a retirar a plantación forestal fora do ámbito de protección do monumento. Hoxe os traballos de avanzan a bo ritmo tal e como recolle El Progreso.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: