fbpx
Petróglifo atopado en Cervantes, / Patrimonio dos Ancares

Descubertos dous novos petróglifos a 1.200 metros grazas a un documento de 1768

Tempo de lectura: < 1 min.

O Colectivo Patrimonio dos Ancares veñen de documentar un novo grupo de petróglifos no concello de Cervantes. No límite entre as parroquias de Donís e O Pando, a 1.200 metros de altitude, localizaron nunha pena granítica dúas combinacións de dous círculos concéntricos cada unha, unha con coviña central. A súa descuberta foi posible grazas a un documento do ano 1768 que cita A Pedra das Amboas situada nas proximidades do río de Xunquiñas e que foi reutilizada como marco de termo.

O achado pódese consideralo como casual xa que, atendendo ao topónimo, buscabamos unha pena con pías a xeito de tinas ou vasillas; de feito, “amboa” era un término utilizado en varias zonas da comarca dos Ancares para designar un recipiente grande para conter líquidos. Foi nesta pena con dúas grandes pías onde atopamos estas gravuras que presentan unha considerable erosión. A súa antigüidade rolda os 4.000 anos. Máis información en Lugo Xornal.

Escrito por

Divulgador e investigador do patrimonio. Impulsor do colectivo Patrimonio dos Ancares

Pode que che interese...