fbpx
Parque de San Domingos de Bonaval / foto gblancoCC0

Aparecen ósos humanos nas obras dun muro de peche do parque de Bonaval

Tempo de lectura: < 1 min.

Un osario esquecido do antigo cemiterio , descoñecido cando cando se acondicionou o parque, ou mesmo restos de falecidos na Guerra Civil. Estas son as hipóteses sobre os restos humanos aparecidos durante as obras de reconstrución do muro entre a Costiña do Monte e o parque de Bonaval.

Os ósos apareceron nas obras iniciadas o pasado día 16 e obrigaron a parar os traballos. Dende o Concello deuse parte a forenses e arqueólogos que estudarán os achados, con varias catas arqueolóxicas no lugar. Despois os restos serán trasladados a Boisaca. Recolle a nova El Correo Gallego.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...