fbpx
Calzada de Badernado en Muros antes e despois da desfeita provocada por maquinaria pesada da madeira / QPC

Outro atentado da maquinaria pesada da madeira: estragan un camiño tradicional na Costa da Morte

Tempo de lectura: < 1 min.

Subindo dende Muros cara Paxaireiras, polos montes aínda da parroquia da vila, xusto ao pasar o miradoiro dende onde xa se pode ver Carnota, comeza unha calzada de pedras con séculos de existencia. A Calzada de Badernado, tamén coñecida como a “Calzada de Carnota”, foi durante séculos a vía de comunicación entre ambos concellos. Ese fermoso camiño quedou moi estragado nos últimos días pola utilización de maquinaria pesada para a madeira tal e como comprobou un ciclista do Club Ciclista Muros.

Precisamente este camiñó é unha parte emblemática da Ruta BTT Terras de Muros, e unha das zonas que máis goza a veciñanza de Muros cando quere saír a pasear. “Un auténtico espectáculo de peregrinaxe e de patrimonio histórico”, definen os veciños. O Concello de Muros anunciou que vai avaliar danos. Vía QPC.

Calzada de Carnota ou de Badernano perfectamente delimitada nunha fotografía do voo americano do 56

Pode que che interese...