fbpx
Casas do Castro de Santa María de Cervantes / Patrimonio dos Ancares

Poderían ter sido os Ancares e o Courel un dos grandes centros de extracción de ouro romano?

Tempo de lectura: 2 min.

Preto de 500 explotacións mineiras de ouro, a maior parte inéditas, de época castrexa e romana poden atoparse nas serras orientais galegas dos Ancares, O Courel e no sur da provincia de Lugo. Pois na época altoimperial romana teríanse producido profundos cambios na estruturación do territorio vinculados precisamente a explotación deste prezado metal.

Pois, ó longo de toda esta zona, teríanse identificado labores mineiros e sistemas hidráulicos que permitiron a súa extracción así como o poboamento para explotalos. É o exemplo do Castro de Cervantes, no que os seus habitantes dedicábanse tan só á explotación auriense, e onde non se atoparon signos de produción gandeira ou agraria.

Mais agora apúntase a que non sería un exemplo illado. Pois un estudo de tese de doutoramento da Universidad Complutense de Madrid baixo o amparo do CSIC permítenos “ampliar cuantitativa e cualitativamente o coñecemento sobre o impacto que os intereses imperialistas de Roma provocaron nesta rexión do noroeste peninsular”, en palabras do seu investigador.

Túnel romano en Montefurado / Galipedia

O cambio que Roma trouxo buscando o ouro

Trátase da investigación desenvolvida por Luis Francisco López González feita baixo a dirección de Almudena Orellas Saco do Val do CSIC e Teresa Chapa Brunet da Universidade Complutense de Madrid. Nela ofrécese unha nova imaxe da evolución do poboamento castrexo e do impacto e dos cambios causados pola conquista romana nestas serras galegas e o sector meridional lucense.

Entre estes cambios, identifícase o desenvolvemento dunha intensa minería do ouro e a importancia que estas comarcas deberon ter para a produción do ouro romano no imperio. A tese estuda tamén a construción dos castros, con especial atención ás técnicas construtivas empregadas polas comunidades castrexas, ás innovacións e os cambios na construción e o concepción do espazo doméstico.

A investigación está desenvolvida no Instituto de Historia do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do Consello Superior de Investigacións Científicas é o resultado dunha longa investigación baseada nun rexistro obtido en traballos de arqueoloxía das escavacións dos castros Santa María de Cervantes, Castromaior, Viladonga, Arxeriz ou Castañoso.


Para saber máis: pode consultarse a perfil da investigación na páxina do CSIC neste link.


Pode que che interese...