fbpx
Mosteiro de Carboeiro / foto AlmaCCBy Wikimedia

O mosteiro de Carboeiro e a súa impresionante ruta ata o Toxa éxito de visitas na Semana Santa

Tempo de lectura: 2 min.

O mosteiro de Carboeiro segue a consolidar o éxito de visitas dos pasados anos e a consagrarse como un dos puntos máis visitados do corazón de Galicia, a pesares da Covid-19. O mosteiro volveu centrar a atención de moitos visitantes durante as xornadas da Semana Santa acadando en tan só 5 días un total de 785 persoas.

A xornada de maior afluencia foi o sábado, con 301 visitas, seguida do domingo de Pascua, con 182, outras 138 do venres, 79 o xoves e 85 na xornada do mércores. A maioría das persoas acudiron en familia, procedentes de distintas localidades galegas e cidades como Pontevedra, Santiago, A Coruña ou Ourense, e respetando sempre as normas de acceso vixente.

De feito a cifra de visitantes é menor ca da última Semana Santa na que abriu o mosteiro, que foi en  2019, no que se achegaron ó mosteiro case 900 persoas, pois no ano 2020 estivo pechado durante o confinamento. Trataríase, porén dunha cifra considerable tendo en conta o progresivo incremento das visitas neste monumento da comarca do Deza.

Mosteiro de Carboeiro / foto turismo.gal

O mosteiro mantense como un foco de atracción de visitantes no corazón de Galicia cuxa visita atópase moi ligada á da Fervenza do Toxa, unha das máis altas de Galicia e que ó longo das últimas semanas está a ter unha altísima afluencia. Este conxunto do Concello de Silleda complétase co excepcional roteiro de sendeirismo que une ambos monumentos, nun entorno natural único ó redor do río Deza.

“Un asunto privado”

Ademais tamén pode disfrutarse de monumentos como a Ponte do Demo, a senda botánica arredor do edificio monacal ou a área de lecer do Deza. Mais a pesares deste entorno único, só se leva rexistro das persoas que acceden ó mosteiro, non ós restantes monumentos naturais ou históricos da zona, pois el se atopa a oficina de Turismo de Silleda, integrada na Rede Info Rías Baixas.

Porén, a pesares da gran afluencia a estes lugares nas últimas xornadas, o certo é que a última fin de semana de marzo o acceso ó mosteiro non foi posible. Durante estes dous días o mosteiro estivo pechado ó público pola gravación da serie “Un asunto privado”, que está a rodar a productora Bambú para Amazon en distintos escenarios galegos. A día de hoxe o mosteiro está aberto ao público de mércores a domingo en horario de 11:00 a 14:30, e de 16:30 a 19:00 horas.

Mosteiro de Carboeiro / foto turismo.gal

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: