fbpx
Os eucaliptos colapsan todo o castro de Montouto, en Abegondo / BNG Abegondo

Denuncian outro castro “totalmente eucaliptizado” en Abegondo

Tempo de lectura: < 1 min.

Pista aberta no “eucalitizado” Castro de Montouto, en Abegondo, por maquinaria pesada / BNG Montouto

O BNG Abegondo denuncia a existencia dun castro neste concello completamente “eucaliptizado”. Trátase do Castro de Montouto – Figueiroa tamén chamado ” o Outeiro” , ” O Castro” ou “o Chan do Castro”.

Integrantes do BNG deste concello está revisando o novo PXOM (plan xeral de ordenación municipal) para presentar alegacións sobre algúns temas que consideran importantes, ademais de intentar “poñerlle freo e sentido común a algúns despropósitos que abrollan dun PXOM que se nota moito foi feito ás carreiras ou a fume de carozo”.  “Estamos desenvolvendo estos días unha profunda avaliación dalgunhas cousas ‘in situ’ para poder ser o máis rigorosos posíbel no documento final que presentaremos dende o #bng“, indican na conta de FB.
Pois realizando esta revisión do PXOm atoparon que o Castro de Montouto estaba “totalmente ecualiptizado“. “Un Castro xa catalogado en anteriores Plans Xerais. É a política do deixade facer. Mais o peor non e iso senón que seguen a plantar e cortar eucalipto (coas consecuencias que ten para o patrimonio arqueolóxico) e seguen a meter maquinaria pesada. A sensación e de desamparo total, un lugar onde posiblemente se deron os pasos primeiros na conformación actual de Montouto e Figueiroa”, critica.

Pode que che interese...