fbpx
Situación do pobo ártabro dentro da Gallaecia romana

Era realmente A Coruña a capital do pobo ártabro?

Tempo de lectura: 2 min.

Os romanos deixaron a súa pegada na Coruña, só hai que botar unha ollada cara a Torre de Hércules. Da ocupación romana temos datos, estudouse con profundidade, mais que pasou antes? Cal é a orixe da cidade? O rastro do pobo que habitaba o sur do Golfo Ártabro parece que desapareceu coa chegada dos romanos. O castro Elviña constátanos da existencia deste pobo e o descubrimento dun muro prerromano na Cidade Vella que permite aos investigadores falar dunha organización política a nivel comarcal.

A estrutura prerromana atopouse baixo un pavimento da rúa Santo Domingo, un muro dun metro de grosor e pranta circular ou ovalada que non comparte as dimensións das vivendas castrexas. Asimesmo, como indican en La Voz de Galicia, nun xacemento próximo, excavado no 2007, os arqueólogos atoparon 900 fragmentos de cerámica galaica y de importación mediterránea. Todos estes elementos non foron contaminados nin hai aportes doutras épocas, polo que aseguran unha datación anterior ao cambio de era, entre o século II e mediados do I a.C.

O arqueólogo municipal, Marco Antonio Rivas Nódar asegura que o “nivel de ocupación é paralelo ao de Castro Elviña, así que se antes se falaba de aldeas precarias e autosuficientes, hai que comezar a pensar nunha organización política capaz de controlar o hábitat do territorio” a nivel comarcal.

“Príncipe 17 é unha esterqueira, un lugar de depósito e consumo, de interacción comercial, onde se bebía e se establecían lazos con outros pobos. E do que falamos non se corresponde con Brigantium. Era un porto anterior ao romano“, indica o investigador Samuel Nión Álvarez.

Estes feitos aportan dunha narrativa ao potencial da Coruña dende antes dos romanos. “Algo importante tiña que haber para que unha figura como Julio César buscara financiamento e montara unha escuadra para vir basicamente a espoliar os recursos, materias primas ou o que fose”, declara Rivas. Máis información en La Voz de Galicia.

 

Pode que che interese...