fbpx
Derrubamento do Templete do Estanque no Parque do Pasatempo / Concello de Betanzos

Denuncian que a Xunta “deixou de lado” a rehabilitación do Parque do Pasatempo

Tempo de lectura: < 1 min.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, xunto á alcaldesa de Betanzos, María Barral, supervisaron este venres as obras de rehabilitación do parque enciclopédico do Pasatempo, onde coincidiron en solicitar á Xunta “unha maior implicación” na recuperación deste espazo.

O investimento conxunto entre Deputación e Concello, lembra a institución provincial nun comunicado, é de 525.000 euros, “pero non contan coa colaboración da Administración autonómica”. Formoso, pola súa banda, reclamou ao Goberno galego “un pouco de dignidade con este elemento tan singular na provincia”. “Non pode ser que quen ten as competencias en recuperación do patrimonio histórico, quen ten os fondos orzamentarios, non apareza por aquí e deixe de lado aos betanceiros”, afeou o presidente da Deputación.

María Barral sinalou que, sumando as diferentes achegas das institucións implicadas, o Pasatempo vai recibir un millón e medio de euros co que se abordarán “outras fases importantes e urxentes, pero non é suficiente”. “Con iso chegariamos en torno ao 60”, puntualizou a rexedora, que lembrou ademais que en febreiro de 2019 o presidente da Xunta “anunciou un compromiso ineludible, que ata agora foi cero”. Toda a información en Galicia Confidencial.

Pode que che interese...