fbpx
Ferrol Vello dende o aire, coa rúa Espartero ó fondo / foto Hispania Nostra

Atopan as primeiras evidencia dunha gran muralla medieval en Ferrol

Tempo de lectura: < 1 min.

O goberno local de Ferrol trasladaralle formalmente á Xunta de Galicia a “necesidade de realizar unha intervención arqueolóxica en profundidade” na parcela situada nos números 22 e 24 da Rúa do Castro, propiedade do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

A concelleira de Patrimonio Histórico, Eva Martínez Montero, considerou “imprescindible” a ampliación da pequena escavación que se realizou ata o momento, co fin de sacar á luz “o máximo posible do muro.

Este achado deuse durante varias catas realizadas no solar, previas á construción dun edificio no marco do plan Rexurbe. “É un descubrimento importantisimo porque as primeiras análises apuntan a que se trata dunha muralla medieval da cidade e sería a primeira vez que se atopan restos desa construción“, explicou a edil.

“Nestas circunstancias, parece que o máis adecuado sería escavar todo o ancho do solar, polo menos na zona na que se vai a levntar o edificio de vivendas”, explicou. Trátase dunha superficie de ao redor de 40 metros cadrados. O obxectivo sería conservar os restos e polos en valor, coa intención de que no futuro sexan visitables. Toda a información no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...