fbpx
No castro pequeno do Neixón (Boiro) atopáronse restos de cerámica fenicia / terraarquea.com

Aparecen murallas romanas no Neixón

Tempo de lectura: < 1 min.

As excavacións realizadas no coñecido como Castro Grande de Neixón acaban de deixar ao descuberto dúas murallas da época romana, datadas entre a metade do século I a.C. e a metade do século II d.C.

Este novo descubrimento forma parte dos traballos promovidos polo Concello de Boiro cun curso de arqueoloxía práctica do Barbanza edición 2016, que se distribúe en dúas quendas. Na primeira quenda, os traballos desenvolvéronse no xacemento arqueolóxico de Río Barbanza (serra do Barbanza); e, nesta segunda, os traballos céntranse no Castro Grande do Neixón.

O Concello de Boiro realizou unha inversión que ronda os 30,000 euros para a posta en valor dos descubrimentos arqueolóxicos no municipio. Conta ademais co apoio da Deputación da Coruña, e a Dirección Xeral de Xuventude.

Pode que che interese...