VI Asemblea Nacionalista en Monforte de Lemos, en 1922, cos membros das Irmandades da Fala / galipedia

Comezan as xornadas “As Irmandades da Fala en Compostela”

As xornadas “As Irmandades da Fala en Compostela”, que se desenvolverán en outubro e novembro na Facultade de Filosofía, organizadas pola Agrupación cultural O Galo botan a andar cun acto de apertura a cargo de Marcos Maceiras, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e director destas xornadas; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; e Xosé Ramón Hermida, investigador.

Nesta primeira sesión, o profesor Emilio Xosé Ínsua, achegará a súa visión sobre os perfís sociopolíticos do fundador das Irmandades da Fala, Antón Vilar Ponte. A intervención da profesora Pilar García Negro tratará sobre o ideario político social de Ramón Vilar Ponte e o profesor Francisco Rodríguez Sánchez fará o relatorio sobre a vixencia do ideario das Irmandades da Fala.

As xornadas son de balde e para conseguir o certificado de asistencia cómpre ir ao 80% das sesións e rexistrarse previamente na web irmandadesdafala.wordpress.com onde se pode descargar o programa e máis información do evento, que se actualizará cada semana.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: