fbpx
Recreación da embarcación de tipo micénico do petróglifo Auga dos Cebros, de Oia / Talaso Atlántico

Saen á luz os segredos da pedra que garda un barco de hai 4.000 anos en Oia

Tempo de lectura: 3 min.

“Pedornes. Un tesoro. Bien informados podemos dar a la publicidad el siguiente sucedido: Corre de mano en mano de la gente crédula un libro llamado ‘El San Cipriano’ en cuyas páginas puede el lector hallar indicaciones concretas de lugares donde se encuentran los tesoros que cualquier mortal puede meter en el bolsillo y darse al día siguiente pisto de gran señor. Pues bien un individuo de Oya, que a pie juntillas creyó el embuste del calumniado S. Cipriano, en la página dónde se afirmaba que de la parte de allá del río Vilar, y dentro de una roca, marcada con un barco y dos ancletas se encontraba un valiosísimo tesoro capaz de hacer dichoso a cualquier miserable, llamó en su ayuda a otros más crédulos que él y provistos de barrenas, pólvora y otros utensilios de barrenar piedra y hacerla volar hecha pedazos, se fueron con la esperanza en el alma hacia la codiciada y misteriosa roca. Trabajaron con afán en barrenarla, llenaron de pólvora el agujero, pusiéronle mecha, prendieron fuego, retirándose los esperanzados a prudente distancia, ¡fuego! gritó un ciprianista… y cuando el humo se desvaneció y los ojos de los concurrentes se clavaron en el fondo del peñasco desecho, triste se encontraron con la realidad de que habían pagado su pecado de mentecatos, pues el tesoro había volado y sus esperanzas quedaron burladas”.

Así contaba “La Voz del Tecla“, xornal editado na Guarda hai máis de cen anos, os desastres que, durante anos, provocou o “San Cipriano“, un auténtico manual de como destrozar bens arqueolóxicos. Perto tamén a descuberta dun petróglifo único en Galicia polos motivos que representa. Ademais de cérvidos e escenas de caza, que aparecen noutras estacións rupestres galegas, a de Auga dos Cebros, en Oia, tamén ten unha embarcación de hai 4.000 anos.

Cervos e barco do petróglifo de Auga dos Cebros, en Pedornes, Oia / acient-origins.es

Barco mediterráneo do II milenio antes de Cristo

A comezos do século pasado este detelle pasou case desapercibido, pero uns terribles temporais que barreron Galicia en 2006 tamén tiveron os seus efectos positivos. A pesar das graves innundacións que causaron na parroquia de Pedornes, tamén removeron as terras e limparon moitas das pedras do monte. Grazas as chuvias descubriuse un terceiro barco gravado en pedra no conxunto de petróglifos de Auga dos Cebros, datado no segundo milenio antes de Cristo.

A embarcación, do mesmo xeito que as atopadas en 1992, presenta características similares ás naves micénicas situadas en museos gregos. O descubridor do petróglifo, Javier Costas Goberna, investigador do Instituto de Estudos Vigueses, asegura que os de Pedornes “son os únicos petróglifos de barcos existentes na fachada atlántica”. E isto confirmaría a existencia de relacións comerciais dos poboadores da zona e os pobos mediterráneos. Ante a ausencia de representacións iconográficas ou vestixios arqueolóxicos no Atlántico de embarcacións a vela antes da romanización, o estudioso afirma que o achado se corresponde con orixinais do Mediterráneo oriental.

De feito, estas teorías están recollidas por Costas Goberna e o tamén investigador Antonio de la Peña Santos no libro ‘Os barcos dos petróglifos de Oia’, una obra froito de seis anos de investigación editada pola Autoridad Portuaria de Vigo coa colaboración do Instituto de Estudios Vigueses.

Petróglifo Auga dos Cebros / Javier Costas Goberna

Limpeza

Precisamente, e logo de anos nos que a vexetación volvía poñer en perigo a completa visibilidade deste petrógligo, a Asociación Costa dos Castros acaba de iniciar a limpeza de vexetación no entorno desta estación. Esta intervención, que se desenvolve en monte comunal na zona do Viveiro, na parroquia de Pedornes, é posible grazas ás achegas económicas das persoas que colaboraron nas campañas de crowdfunding.

Os labores de roza comezaron esta mesma semana e perseguen varios obxectivos: reducir o risco de lumes forestais, deixar visibles e accesibles os distintos petróglifos e incrementar o coñecemento existente sobre as representacións rupestres da zona. Ao mesmo tempo, estes traballos deixarán a área preparada para próximas actuacións de posta en valor, unhas intervencións que permitirán gozar do entorno do Viveiro entendendo e interpretando este espazo como un todo.

Tal e como informa a asociación unha cuadrilla de operarios da loita contra incendios forestais traballa na limpeza baixo a supervisión da arqueóloga Elisa Pereira, quen permanece a pé de campo comprobando que os labores, que se fan de xeito manual, se desenvolven con todas as garantías de protección. Pola súa banda, a comunidade de montes de Pedornes, como propietaria dos terreos, encárgase das xestións dos permisos necesarios para executar a actuación, enmarcada dentro do conxunto de actividades que Costa dos Castros programa neste 2017.

Pode que che interese...