Recreación dunha loita entre viquingos e cristiáns / forum libertas

Arqueólogo insiste en que o norte de Lugo tivo presencia de viquingos desde o século X

O arqueólogo navarro Iñaki Sagredo insiste en que que houbo un asentamento viquingo en Galicia, concretamente, no norte de Lugo. Precisamente, este profesional atópase actualmente traballando nas escavacións xunto ao mosteiro medieval da illa Coelleira, en busca de vestixios e probas que permitan esclarecer o pasado desta illa. Anteriormente xa se encargou de coordinadar as escavacións e investigacións levadas a cabo no xacemento de Os Moutillós, no Vicedo.

“Existen serios indicios para dicir que os viquingos estiveron no Vicedo no século X, pero temos que ser cautos, debemos de seguir investigando e conseguir máis probas determinantes”, asegurou Sagredo nunha entrevista en La Voz de Galicia.

O seu equipo comezou no verán de 2014 a escavar o xacemento dos Moutillós e, posteriormente, o da illa Coelleira. “No xacemento de Os Moutillós atopamos un muro de importantes dimensións, que entendemos que no seu día foi construído polos habitantes da zona para protexer a costa de posibles ataques, así como para controlar visualmente todo o enclave”, indica.

Cando comezaron os traballos contaron tamén coa axuda de Mariña Patrimonio. Precisamente este colectivo é un dos grandes divulgadores deste xacemento que apunta á similitude deste lugar coa estrutura dun ‘motte & bailey‘ que define aos asentamentos normandos.

A finais de 2015 un equipo de Iñaki Sagredo atopou tellas, ósos, muros, cerámica e unha moeda semellante a un óbolo de Afonso X, O Sabio (S.XIII).  Tamén se atoparon cerámicas, unha delas, cunha cruz das chamadas potenzadas, polo remate que ten. Os restos atopados proceden de varias épocas, desde a Idade do Ferro e época romana, ata a Idade Media.

Recreación dun asentamento viquingo / NG

Críticas

Non obstante, hai quen critica a existencia de asentamentos permanentes de viquingos e asegura que non hai ningunha evidencia arqueolóxica que sustente a presenza de viquingos en Galicia. De feito, lembran as pequenas intervencións en Os Moutillóns non revelaron que sexa un asentamento dos saqueadores nórdicos.

Con todo, están documentados  ataques de viquingos e normandos a territorio galego, desde Foz, onde teñen moi viva na memoria o milagre de San Gonzalo e o afundimento de toda unha frota nórdica, ata Tui, varias veces saqueada polos viquingos, entre as que destaca o ataque Olaf de 1014 que deixou a cidade sen sede episcopal durante case 70 anos. De feito, nas crónicas aparecen catro grandes xefes viquingos que atacaron o país; Gunderedo, Olaf, Ulf –a quen chamaban o galego e do que xa se falou en Historia de Galicia— e Bjorn Costelas de Ferro.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

  • SalidaDelEuro

    Eso de q están documentados moitos ataques…. Ejem, ejem.

    (A calidadede desta web cada día a peor)

    • Bradair

      Outra vaca no millo… Non cansas nunca de troleares ao persoal?
      “¿Tanto te molestan los hechos diferenciales galleguiños, miñaxoia?”…
      Asúmeo, meu/miña:
      “España, la nación más antigua de Europa, fundadora de otros mundos, cuna y faro del lenguaje hablado y escrito, de la religión católica verdadera y de la postura del misionero, indivisible reserva espiritual de occidente, unidad de destino en lo universal, etc” está morta na Historia de Galiza. Comprendo a túa frustración diante tantas probas e feitos pero vaino asimilándoo… 😉

      • SalidaDelEuro

        Non rapaz nin o feito diferencial está no celtismo nin Galicia foi atacada especialmente polos viquingos.

        De feito poucos lugares en Europa teñen documentados ataques viquingos ó contrario que Al Andalus.

        Os viquingos feito diferencial galego? Rapaz estás cómo unha maraca.

        • Bradair

          Vikingos en Galiza? Non, ho, unha “pequena” anécdota (non liches un estudo sobre o tema nin peneque diso que adoitas fumar antes de “opinar”) máis entre (moitísimas) outras.
          Moitos “raids” vikingos polo “castro celta” de MadriZ (Al Magerit)?
          A vós todo o que nos vos cadre na vosa autonoanémica “Historieta” ponvos dos nervos… 😉
          Nin celtas, nin suevos, nin ataques vikingos, nin reino de Galiza, nin… “sentidiño”. Amólavos ata un can de palleiro galego… Independentistas!!! 😉
          http://www.sermosgaliza.gal/articulo/memoria/yilliqiya-galisiya-reino-galiza-nas-fontes-arabes/20170726175323059968.html
          Os de Al Andalus cando menos tiñan claro o que tiñan ao norte…
          Se ata nas sagas escandinavas falan de nós como país…
          Outros aínda hoxe andan ás apalpadas pra ver de quedar ben como/cos “Egpañoles y mucho Egpañoles”…
          Monta unha ONG: “Troliños Sen Fronteiras (que non sexan as sacrosantas Constitucionais Egpañolas)”…
          Bicos e a se millorar!

          • SalidaDelEuro

            Eso e.

            Nin celtas nin, sobre todo, viquingos. O entendiches ven.

            Estás cómo una maraca, rapaz. Es unha caricatura andante.

          • Bradair

            Aí,aí, campión, argumentando moi cientificamente (e xa a entrar na descalificación persoal… con razón din “o que se pica…” ;-), o seu “profético” nick xa o di todo da súa cachucha… 😀
            Siga vostede a negar niste magnífico foro aos celtas, aos suevos, aos vikingos, ao reino de Galiza, ás vacas cachenas, ao Xabarín Club, á Unión Europea e a todo o que lle rache o seu constitucionalmente policorrecto coñecemento desta vella nación (perdón, “entrañable esquina verde de las Españas”). Iste foro tenta facer país redescubrindo con rigor a nosa riquísima historia (e sí, os vikingos formaron parte dela, e moito máis do que Catoira e isas trangalladas feiras medievais ou castrexas para borderlines coma voce). Se non ten nada mellor que facer que criticar todo canto lle cheire a discurso “heterodoxo” anti-UNAGRANDEYLIBRE sexa consecuente: merque unha leira e prante “alcolitos” (seica son bons para a Galiza…). Ah, e publique en “La Voz”!
            Cómo unha “maraca” eu? Os “iliminati” coma voce só viron tal cousa na Panorama ou na París de Noia… ;-D
            Medre, que non lle ei vivir sempre, meu!

          • SalidaDelEuro

            Buffff.

            Por certo moi bo o link ese que nos pasaches. Vese que manexas bibliografía e papers de nivel.

            (E boa sorte coa identidade viquinga galega. Os vexo futuro en paiasos sen fronteras)

          • Bradair

            Este era (ata a súa teimuda irrupción trolleira e maleducada contra celtas, suevos, vikingos e todo o que se mova fora da “súa” mini-historia de Galiza) un foro de divulgación, non un Congreso Internacional sobre os Skaldelffirs, as Folkriggsaga ou os Eddaneirs nórdico-escandinavos
            (“Nos”? É vostede Xúlio César, gosta de falar en 3ª persoa? :-D).
            Se pensara un pouquirrichiño antes de dicir asneiras contra todo o que contradí o seu dogmático, sacrosanto e máis ca desacreditado “discurso” histórico-centralista ou “autonoanémico” faría ben indo amolar a outros foros máis axeitados aos seus coñecementos (Forocoches?). Non adoito entrar a contestar nestas patéticas opinións trolleiras pero é que a súa fachenda (de facha nacional autonómico-“hegpañoleiro”) é unha falla absoluta de repecto aos que aquí achegamos coñecemento ou amosamos interese nesta fermosa e traballada páxina.
            Non ten vostede nin o máis mínimo coñecemento das sagas escandinavas (nin da Crónica Compostelá… evidentemente) e pide con descaro bibliografía axeitada ao tema? Quererá a fonte orixinal da Knytinga Saga en “versión orixinal”, ou á do rei Olaf? Algo de Staffan Mörling, se cadra? Gosta de por nas súas piadas palabros tipo “link”, “papers”, etc… (todo moi “cool”, de cosmopailán galaico) mágoa que vostede non sabe nin escribir en galego (persoaxe, vexovos, paiaso…) e pensa que lle vou dar referencias noutras linguas? Faga primeiro un curso de galego, “please / vänligen”… 😉
            E documéntese.
            “Os viquingos en Galicia”, Eduardo Morales Romero
            “Incursiões nórdicas no occidente ibérico (844-1147)”, Hélio Fernando Vitorino Pires.
            Xa sei que este foro é pouco para a súa magna (de Magno, a bebida…) erudición pero pode interesarlle algo desto:
            http://historiadegalicia.gal/2016/09/descubrindo-os-vikingos-que-atacaron-galicia/
            http://historiadegalicia.gal/2017/01/quen-foi-ulf-o-galego-o-viquingo-que-pasou-varios-anos-loitando-en-galicia/
            http://historiadegalicia.gal/2017/03/buscan-na-arousa-o-que-poderia-ser-o-primeiro-mosteiro-galego-arrasado-polos-viquingos/
            Ano 844, primeira incursión vikinga contra Galiza. Batallas d´A Coruña, San Cibrán, Camporramiro… 858, máis e feroces raids, Iria e ata asedio de Santiago de Compostela! 951, Lugo , Sobrado, Catoira, etc. 966, Foz, Ribadeo… 968, Fornelos, Arousa, Ancares (Ancares!!!), etc. E así ata o 1048, derradeiro ataque (documentado, ollo!). Dos estudos do meu chorado mestre D. Xaquín Lorenzo da orixe normanda das nosas dornas xa nin merece que llas cite.
            Dou por pechada esta (ou calquera outra pasada ou futura) discusión, que se mellore (cómprelle!).

          • SalidaDelEuro

            Ten vostede un Pdf online con todalas mencions de ataques na península ibérica nas sagas e fontes cristians e musulmanas. É además unha revisión crítica q Lein fai anos xa. Por exemplo, o ataque a Compostela o descartan. E dunha universide danesa. É fácil encontrala na web. Vostede mismo.

            Ten vostede abundante bibliografía onde se explicará cómo os viquingos pasaban de largo o norte de Iberia nos seus ataques ó mediterráneo. As razóns son obvias excepto para vostede: a ausencia de núcleos urbáns dignos de tal nome, Compostela incluida.

            Estaban interesados en Al Andalus ou Marsella Ou Roma Ou Bizancio.

            Non emprendían expedicións de miles de homes pra atacar Ribadeo, burrancan. É algo evidente.

            Q os viquingos reciban mencions importantes nunha historia de Sicilia se entende. E máis se son dos seus primos os normandos. En Galicia? Zona salientable de ataques viquingos e non digamos asentamientos? NON.

            E ahora una imitación do seu estilo esquizoide co que pretende que se lle tome en serio:

            ” Aquí chamando ó planeta Rajoy, fiu, fiu, fiu, loitando con a juestes autoñolas ejpaniolistas, fiu, fiu, suevos, suevos, MaDriZ, MaDiZ, fiu, fiu, autoñol, resistencia celta contra os romans, onda non nos derrotaron, fiu, todos mouros tralo telón de grelos que tenía moitos viquingos aquí, fiu,fiu”

            É vostede unha caricatura andante, paiaso. E nin conta se da.

            (Boa sorte intentando encontrar mención que non sean de máis de dos líneas nunha historia dos viquingos en cualquier idioma.)

    • Vesuclotius

      La presencia vikinga está bien documentada en Galicia. Las incursiones más importantes, entre otras, fueron las del año 844, 858, 910 y 1004 (de hecho Galicia tuvo más incursiones normandas que aceifas árabes en su territorio). Han dejado su rastro genético: http://www.moonzstuff.com/images/dna_I1a_large_RG.jpg. En cuanto al tema de los celtas, las viejas teorías decimonónicas ya no funcionan. Los celtas de Iberia no vienen del centro de Europa (genéticamente es imposible), proceden de algún lugar del curso medio del Danubio llegando al SW peninsular no se sabe muy bien cómo y extendiéndose posteriormente por toda la costa atlántica (1).

      Se hicieron con el control de la ruta atlántica del estaño y oro, comerciando con las poblaciones del Canal de la Mancha, Tartessos, Egipto o Fenicia. Estos son los que los primeros historiógrafos griegos denominaron keltoi o keltiberoi, distintos de los celtiberos históricos que, como dice Plinio (no como supone el dogma tovariano), proceden del interior de la Lusitania.

      (1) al parecer, tanto un reciente estudio genético de y-DNA como otro
      anterior de la inmunoglobina, ponen precisamente a la población del oeste peninsular
      en una relación genética muy próxima a gentes de esta
      región danubiana.

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: