fbpx
Procesión de Santa Marta de Ribarteme, onde os fieis van en cadaleitos / turismo.gal

Cando fóra tratan as tradicións de Galicia como festas de Drácula ou Halloween

Tempo de lectura: 2 min.

“Estos fieles ni están muertos, ni es Halloween, ni tienen complejo de Drácula, es más que un simple coqueteo con la muerte”… Así comeza unha reportaxe sobre a romaría de Santa Marta de Ribarteme que cada 29 de xullo se celebra no concello de As Neves.

Unha romaría que é das máis antigas de Galicia e que xa está documentada hai máis de 300 anos. Trátase dunha procesión de cadaleitos que mestura ritualidade simbólica e relixión e que cada vez é máis visitada e coñecida.

A procesión presídea todos os anos a imaxe de Santa Marta. A igrexa relaciona a fama milagreira de Santa Marta coa súa estreita relación con Xesucristo. Santa Marta era a irmá de Lázaro e tras a morte de Xesús viuse obrigada a abandonar Palestina.

 

A procesión dos cadaleitos é unha das máis sobrias da Galicia rural. E dentro deles van os ofrecidos, aqueles que se meten na caixa non por diversión, nin porque son Dráculas ou saiban o que é o “Halloween” ou porque queiran “coquetear coa morte”, senón porque pídenlle á Santa que interceda ante calquera problema grave que teñen; a enfermidade dun irmá, dumha nai ou dunha filla, ou porque a Santa intercedeu para curalos dunha grave doenza.

O clip documental de National Geographic en 2013

En 2013, Darren McMullen graba un clip documental dentro das súas reportaxes para National Geographic, procesionando na mesma romería dentro dun cadaleito coma un ofrecido máis, o que para moitos foi darlle a puntilla a esta celebración pondo en evidencia o significado relixioso. O cura titular por aquel entón advertiu en declaracións da Faro de Vigo “a procesión con cadaleitos non corre ningún risco, pero sí debe contar cuns límites para evitar que acabe sendo un Carnaval” pondo o punto final ao negocio dos alugueres dos cadaleitos.

Aínda así, certos medios de comunicación tratan esta festa como se “un festival da defunción” se tratara. Aproveitando que o xornal británico The Guardian a catalogou como a segunda festa máis rara do mundo, por As Neves acuden cada 29 de xullo moitas cámaras e medios de comunicación. Algúns, en busca de “yuyus”, aínda que os fieles insisten en que están alí por “respecto” e por “promesas”.

Procesión de Santa Marta de Ribarteme / youtube

O ritual

A procesión sae ás 12 do mediodía da parroquia de Santa Marta de Ribarteme e nela participan centos de fieis –e ultimamente curiosos– que agardan ás portas dunha igrexa parroquial abarrotada pola multitude. No seu interior a xente dispútase un espazo ante o altar onde se atopa unha das virxes máis venerada de Galicia e tentan ofrecerlle á Virxe un sacrificio, unha ofrenda ben distinta para cada un dos congregados. Durante a procesión, a imaxe de Santa Marta é acompañada por San Bieito (san Benitiño) e a Virxe da Carmen.

Pode que che interese...