Unha talla de eucaliptos arrasou coa negrópole megalítica da Cheira, en Ferrol / Xabier Moure

Unha nova talla de eucaliptos destrúe catro mámoas dunha necrópole megalítica en Ferrol

É a terceira vez en menos dun ano que monumentos megalíticos son destrozados en Ferrol. Primeiro era unha mámoa de Mougá, na parroquia de Doniños, en Ferrol e logo a Mámoa 1 de Espadanido, na parroquia de Esmelle, tamén no mesmo concello, tal e como xa denunciou HdG. Pero, nesta ocasión, o atentado é aínda peor. Foron afectadas catro mámoas.

A pasada fin de semana, o investigador Luis Seoane e Xabier Moure deron conta desta nova agresión. Foi na necrópole megalítica coñecida como A Cheira, situada nos montes da aldea de Liñares, parroquia de Brión. Estas mámoas están catalogadas pola Dirección Xeral do Patrimonio da Xunta de Galicia e, polo tanto, están protexidas, as actuacións que se queiran realizar nunha área de 200 metros ao seu redor teñen que contar coa autorización administrativa correspondente.tendo en conta que á mámoa non se lle pode tocar.

Unha vez máis, as agresións foron producidas ao realizar unha talla de eucaliptos, o que lle ocasionou aos enterramentos, ao pasar os tractores por riba (o que está prohibido), graves alteracións na masa tumular, provocándolles profundos sucos coas rodas. As mámoas afectadas son as catalogadas cos códigos: GA15036056, GA15036057, GA15036058 e GA15036059. A primeira xa fora cortada pola estrada.

Denuncia presentada

Este luns presentouse a denuncia ante o Servizo do Patrimonio Cultural na Coruña para que actúen á maior celeridade para esclarecer os feitos, e de ser o caso concreten as reponsabilidades penais cívís e/ou administrativas que puideran derivarse da denuncia.

Campo de mámoas afectado por unha talla de eucaliptos na Cheira, en Ferrol / Xabier Moure

“Ademais de por escrito que presentei no rexistro da Xunta de Galicia, tamén llo envie por correo electrónico á xefa do Servizo do Patrimonio Cultural na Coruña”, apunta Xabier Moure. “Aquí non cabe alegar descoñecemento xa que estas mámoas son moi coñecidas, o que houbo é premeditación, os responsables sabían o que había”, apuntou.

Erros de ubicación

Tamén aproveitaron para comunicarlle que nos mapas teñen mal posta a ubicación: A GA-56 está no sitio da GA-57. A GA-57 sitúanna no lugar da GA-58. A GA-58 está un pouco máis adiante (á esquerda da estrada, na curva, onde sae un camiño cara abaixo). A GA-59 está ben.

Tamén foi enviad ao Concello de Ferrol xa que, segundo a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia do ano 2016, os Concellos teñen a obriga de protexer os bens patrimoniais que se ubiquen no seu territorio, debendo comunicarlle á Xunta calquera agresión que estes sufran.

As agresións ás mámoas do concello de Ferrol debido ás plantacións e tallas de eucaliptos son continuadas. En febreiro de 2015, abril de 2016 e marzo de 2017, xa se presentaron denuncias pola agresión a varios enterramentos dos montes de Mougá.

Aquí podes ver a situación exacta:

http://www.openstreetmap.org/#

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Divulgador e investigador do patrimonio. Impulsor do colectivo Patrimonio dos Ancares

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: