fbpx
Pórtico da Gloria antes da restauración / foto Fundación Barrié

A Igrexa cobrará a partir de novembro por visitar o Pórtico da Gloria

Tempo de lectura: < 1 min.

O Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago terá novo sistema de visitas en novembro.  A partir de finais de ano, calquera persoa que queira visitar este BIC terá que pagar.

Esta é a decisión que adoptou a Fundación Catedral, tal e como explicou o seu director, Daniel Lorenzo, que informou que o novo sistema de visitas será guiado, de maior duración, integrado no conxunto do Museo catedralicio, con posibilidade de reserva e de pago.  Deste xeito, as visitas integraranse no sistema do Museo da Catedral, como ocorre coas cubertas ou as catacumb

Este novo sistema de visitas  coincidirá co inicio das intervencións no interior da basílica, polo que a catedral instalará unha nova estrutura para separar ao Pórtico. Por iso, o 18 de setembro será o último día que o Pórtico estea aberto ao público no sistema actual –sen reserva previa e de forma gratuíta–. A partir de aí pecharase con carácter xeral para facer medicións, unha primeira limpeza e instalar a estrutura que o protexerá durante os próximos meses.

Pode que che interese...