fbpx
Santiago / Frame do Vídeo

Vídeo: Así é o mestre forxador da catedral, gañador do premio Richard H. Driehaus das Artes da Construción

Tempo de lectura: < 1 min.

10.000 euros, unha placa conmemorativa, e un enorme recoñecemento. Ese é o premio que hoxe ten un dos grandes ferreiros de Galicia, responsable de restauracións como a das reixas da Catedral de Santiago, a Catedral de Tui, o pazo de Xelmírez ou o castelo de San Felipe en Ferrol.

Trátase do compostelán Santiago Martínez Otero, responsable de Forxa Chago, que acaba de ser recoñecido co premio Richard H. Driehaus das Artes da Construción, na categoría de traballos do metal e do vidro. Trátase dun certamen estatal que convoca anualmente INTBAU (International Network for Traditional Building, Architecture and Urbanism) e que recoñecen as mellores actuacións na arquitectura tradicional.

 

No fallo o xurado recoñeceu a traxectoria de Santiago e a súa mestría, sobre todo recuperación de técnicas ou o entendemento dos metais de cada época, ou o dominio de produtos tradicionais. Tamén na súa sabedoría á hora de tratar elementos de complexidade tal como as xuntas entre as pezas, coas súas dilatacións e compresións, ou a capacidade no emprego do chumbo, ou a súa purificación ou a mestría no uso de ferramentas. Tamén se enxalzou o seu traballo de divulgación.

Reixas recuperadas da catedral / frame do vídeo


Para saber máis: Pode consultarse o fallo dos premios no neste link.


Pode que che interese...