fbpx
Catedral de Tui / foto xunta.gal

Un novo libro explora o patrimonio musical da catedral de Tui

Tempo de lectura: 2 min.

Un novo volume difunde o patrimonio musical do arquivo da catedral de Tui, a trav茅s dun disco con obras do mestre de capela Mat铆as Garc铆a Benayas e dun libro coas partituras correspondentes, que acaban de ver a luz co apoio da Conseller铆a de Cultura.

Para dar a co帽ecer este traballo 鈥搎ue se presenta baixo o t铆tulo, no caso do libro, de 鈥楳at铆as Garc铆a Benayas. Motetes, tractos e himnos鈥, e, no do disco, de 鈥楽alvete flores. Obras de Garc铆a Benayas. Libros de polifon铆a e canto chan鈥 est谩n previstos dous concertos do grupo Vox Stellae para os d铆as 16 de setembro, 谩s 19:00 horas, na catedral de Tui, e para o 23 de setembro, 谩s 20:30 horas, na capela das 脕nimas de Santiago de Compostela.

A publicaci贸n do libro e a gravaci贸n do disco enm谩rcase nun proxecto de recuperaci贸n do patrimonio musical da catedral de Tui, iniciado en 2013 coa obra de Mat铆as Garc铆a Benayas, a trav茅s do disco 鈥楧efensor alme Hispaniae鈥 e da publicaci贸n dos 鈥楳agnificats鈥 e a 鈥楳issa defensor alme鈥. Xunto coas dese primeiro volume, as obras publicadas no novo libro comprenden case toda a obra que se conserva deste mestre de capela que chegou 谩 sede tudense a finais do s茅culo XVII.

Jo谩m Trilho atrib煤elle a este mestre de capela a creaci贸n de practicamente todas as obras que conforman este novo volume, inclu铆ndose unicamente d煤as pezas an贸nimas e outra, 鈥楧omine, quando veneris鈥, de autor铆a dubidosa.

Recuperar e difundir o legado musical

鈥淓sta recuperaci贸n do patrimonio cultural da catedral de Tui responde a un labor continuo que desde hai anos algunhas das voces m谩is especializadas coas que contamos en Galicia ve帽en desenvolvendo con aut茅ntica dedicaci贸n persoal e constancia鈥, asegurou hoxe o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, na rolda de prensa de presentaci贸n destes materiais promovidos polo bispado de Tui-Vigo. Ao tempo, o representante da conseller铆a felicitou o labor do compositor e music贸logo Jo谩m Trilho polo estudo e edici贸n dos materiais, e ao grupo Vox Stellae pola interpretaci贸n e gravaci贸n, xunto co traballo do p谩rroco de Barcia de Mera, Rafael Antela, por impulsar este proxecto.

Nun acto no que tam茅n interveu o bispo de Tui-Vigo, Luis Quintero, o secretario xeral salientou a achega 谩 cultura musical de Galicia realizada desde as catedrais polos mestres de capela, un labor que cualificou de 鈥渇undamental para entender a historia da nosa m煤sica nos 煤ltimos s茅culos. E a铆nda que xa co帽ecemos moito de como era ese oficio 鈥揺ngadiu鈥, 茅 ben certo que queda nos arquivos das nosas catedrais moita m煤sica por recuperar e, sobre todo, moita m煤sica por difundir鈥.

Ademais do interese dos materiais desde a perspectiva hist贸rica, Anxo Lorenzo tam茅n incidiu no seu valor en tanto que 鈥渃onstit煤en unha achega m谩is 谩 oferta musical do noso presente鈥 e, nese sentido, apostou por 鈥渁spirar a que as nosas agrupaci贸ns integren nos seus repertorios, ao p茅 doutras grandes figuras universais da composici贸n, as obras dos protagonistas do universo musical galego de todos os tempos鈥.

Pode que che interese...