fbpx
Visita nocturna aos petr贸glifos de Campo Lameiro / PAAR

Cervos de Excalibur, o novo petr贸glifo descuberto no parque rupestre de Campolameiro

Tempo de lectura: < 1 min.

 

O 聽鈥淐han da Isca鈥 ou a 鈥淢anda de cervos de Excalibur鈥 茅 unha nova estaci贸n de petr贸glifos descuberta o pasado ano na contorna do Parque Arqueol贸xico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR). Non obstante, a s煤a presentaci贸n p煤blica non se far谩 ata o vindeiro 8 de abril, baixo o formato de visita nocturna.

Unha das estaci贸ns de petr贸glifos de Campo Lameiro / PAAR

Ademais, o PAAR aproveitar谩 esa xornada para realizar unha actividade formativa na que participar谩n os principais arque贸logos e investigadores da Arte Rupestre do noroeste de Espa帽a.聽O curso de 鈥Narrativas da Arte Rupestre galega鈥 茅 unha escolma dos diferentes relatos creados polos investigadores arredor dos petr贸glifos de Galicia e o norte de Portugal.

Entre os conferenciantes est谩n dous investigadores de universidades portuguesas: Manuel Santos Est茅vez (Universidade do Minho) e Lara Alves (Universidade de Coimbra); e outros tres das universidades galegas: Carlos Rodr铆guez Rell谩n (USC-GEPN), Roberto V谩zquez Rozas (Universidade de Vigo) e Beatriz Comendador (Universidade de Vigo). Ademais de Jos茅 Manuel Rey Garc铆a (Director do PAAR), Antonio de la Pe帽a (Conservador do Museo de Pontevedra) e o investigador 脕ngel N煤帽ez Sobrino.

A participaci贸n no curso, que incl煤e a visita nocturna ao petr贸glifo, m谩is a comida na cafeter铆a do PAAR, custar谩 25 euros. Informaci贸n e inscrici贸n na em www.paar.es聽e para aclarar d煤bidas no seguinte correo electr贸nico e tel茅fono: formacion@paar.es/886 151 195.

Pode que che interese...