fbpx
Veciñas de Vimianzo vestidas con traxes medievais na festa irmandiña do Asalto ao Castelo / asaltaaocastelo.org
Veciñas de Vimianzo vestidas con traxes medievais na festa irmandiña do Asalto ao Castelo / asaltaaocastelo.org

Os museos tamén poden ser ferramentas de loita contra a violencia de xénero

Tempo de lectura: 3 min.

O Museo Provincial de Lugo acolle, desde este venres, o IV CONGRESO DE XÉNEROS, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN, un evento que pretende fomentar os valores de igualdade e ofrecer espazos de diálogo, cohesión social e loita contra a violencia de xénero.

Organizado pola Área de Cultura, Deseño, Artesanía e Educación da Deputación de Lugo, o congreso vaise desenvolver os días 10, 11 e 31 de marzo e 1 de abril de 2017. “Como museos de comunidade somos responsables de reflectir a diversidade da sociedade e ofrecer ferramentas para o seu desenvolvemento a través da arte e a didáctica”, apuntan deste esta institución. Esta responsabilidade, di, ponse en práctica no labor mediador dos museos “mediante unha metodoloxía inclusiva e normalizadora, que elude a segregación de actividades por sexo, grupo social ou cultural”.

Por iso, o congreso ofrecerá experiencias e reflexións coas que ampliar a perspectiva sobre a relación transformadora da cuestión dos xéneros, da creación artística e da educación.

Imaxe de mulleres vestidas co traxe típico galego no NO-DO / RTVE

Imaxe de mulleres vestidas co traxe típico galego no NO-DO / RTVE

“Os contidos deste congreso son produto da autocrítica. Unha perspectiva de diversidade dos xéneros non é unha cuestión unicamente de mulleres, o cal continuaría mantendo os mesmos arquetipos de división. Estas xornadas reflexionan sobre como os museos amosan e favorecen a presenza e a atención sobre a pluralidade de xéneros e os seus papeis na historia e na sociedade a través dos seus discursos museográficos, coleccións e actividades”, indica.

Activismo feminista

O programa convida aos congresistas a asistir á clase perigosa, un encontro que reúne as teorías de xénero, o activismo feminista, a ciencia xurídica, a ciencia social, a biopolítica, as novas tecnoloxías, a arte e a práctica institucional.

Outras sesións converten os museos da Rede en plataformas de exposición para colectivos e activistas da defensa dos dereitos sobre a identidade sexual, social, artística ou cultural; en espazos de difusión de prácticas artísticas feministas internacionais; en presentación de experiencias de participación e igualdade en museos; e en mesas sobre a creación artística en relación á violencia de xénero.

No congreso participarán:

Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo. Autocrítica sobre as ferramentas para fomentar a igualdade de xéneros na Rede Museística Provincial de Lugo, con Pilar Sánchez Monje, traballadora da Rede Museística Provincial de Lugo.

■ Cristina Palacios, traballadora social e presidenta de ARELAS, Asociación de Familias de Menores Trans* de Galicia.

■ Ana Bereciartúa, presidenta da Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses de Lugo.

■ Marta Rodríguez Engroba, presidenta de Si hai saída, Asociación contra a violencia de xénero en Lugo.

■ Mónica Álvarez, orientadora laboral, diplomada en Educación Especial e presidenta de ACADAR, Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia.

> 16.30 a 20.30

■ Víctor Fraga Gayoso, director de programas do Centro Penitenciario de Monterroso e representante da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal.

■ Nour Al-Hussen, mestrado en Estudos Internacionais pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), politóloga e activista de orixe siria.

■ Soledad Fernández Costas, representante da Fundación Daniela e coordinadora de familias.

■ Irene Jiménez Cortiñas, técnica de Igualdade da Fundación Secretariado Gitano de Lugo. Programa Calí, mulleres xitanas e igualdade.

■ Miguel Salas, investigador e educador social.

■ Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo. Asociada Mujeres en las Artes Visuales (MAV).

Pode que che interese...