fbpx
Ribeira Sacra Paisaxe de Galicia / galiciaunica.es
Paisaxe do Miño na Ribeira Sacra / galiciaunica.es

Xa se poden facer rutas fluviais polos canóns da Ribeira Sacra

Tempo de lectura: < 1 min.

Queres gozar de Rutas Fluviais pola Ribeira Sacra? Desde este sábado xa é posible grazas a un convenio entre a Deputación de Lugo e TRAGSA para que sexa esta entidade pública a que se encargue do funcionamento das rutas fluviais.

Así o informou a Deputación de Lugo que subliña que, desde sempre, os catamaráns funcionaron a través de SUPLUSA, pero este ano o PP bloqueou a súa posta en marcha desde este organismo. Por este motivo, o Goberno Provincial buscou unha solución que permitise abrir as Rutas Fluviais. “Non iamos deixar na estacada a todos os profesionais que ven nas Rutas Fluviais todo un revulsivo económico”, apuntou o presidente provincial Darío Campo tras un pleno provincial.

Deste xeito, e logo de superar este bloqueo, o Goberno da Deputación inicia desde este 1 de abril as viaxes en catamarán polos ríos Miño e Sil. O horario do seu funcionamento é, a excepción da Semana Santa (desde o 8 ao 16 de abril) na que haberá rutas todos os días, unha ás 11.30 horas e outra ás 16.00 horas.

Rutas e lugares

– “Canón do Sil”, de Santo Estevo ata o Mosteiro de Santa Cristina, con embarque en Doade; de martes a domingo, e días festivos, en horario de 11:30 e 16:00 horas.

– “Ruta do Cabo do Mundo” no Miño, con embarque en Belesar, no Concello do Saviñao; os sábados, domingos e festivos nacionais ás 11:30 e as 16:00 horas.

A partires de xullo e ata setembro, haberá viaxes de mércores a domingo, en horario de 11:30; 16:30 e 19:00 horas.

Pode que che interese...