fbpx
Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, Muncyt, da Coruña / muncyt.es

Xogos de ciencia para pasar a Semana Santa no Muncyt da Coruña

Tempo de lectura: < 1 min.

O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt) da Coruña permanecerá aberto durante toda a Semana Santa cun completo programa de actividades dirixidas a todos os públicos. Baixo o título ‘A medida do tempo’, o Museo informou que ofrece unha serie de obradoiros relacionados con como se mediu o tempo ao longo da historia.

En concreto, segundo indicou o Muncyt, os visitantes poderán construír un reloxo de area para familiarizarse con conceptos como “o paso do tempo” ou “o tempo foxe”. Así, no ‘Taller de Péndulos’ realizarase un experimento que conecta o espazo e o tempo, xogando co principio do péndulo formulado por Galileo. O público aprenderá tamén como fabricar un reloxo de auga na casa e pescudar como a densidade ou a viscosidade do líquido afecta o paso do tempo.

Os talleres están orientados para familias con nenos e nenas de 6 a 14 anos de idade. Para participar neles pódese realizar unha reserva previa a través da web reservascor@muncyt.es ou do teléfono 689 578 727.

Durante estes días poderase visitar, ademais, a nova mostra ‘O infinito camiñar do tempo’, recentemente inaugurada, que expón medio centenar de reloxos curiosos e orixinais que mostran a evolución da reloxaría.

Pode que che interese...