fbpx
Un dos primeiros computadores - ordenador analóxico / USC

A Universidade de Santiago de Compostela acolle unha exposición sobre a historia da informática

Tempo de lectura: < 1 min.

A USC inaugura este luns unha exposición sobre a historia da informática na USC. Na mostra exporase o primeiro computador analóxico que tivo a USC, a constitución do Centro de Cálculo Barrié de la Maza e mais o Proxecto Telegal, que levou a informática ás ensinanzas primaria e secundaria de Galicia.

Tamén poderán coñecerse mediante paneis didácticos as partes básicas e características dun ordenador e a evolución da informática desde os anos setenta ata hoxe a través dun compendio de ordenadores dos 80 e 90 e dos distintos soportes de almacenamento de datos. Inclúese ademais un apartado dedicado ás aplicacións actuais da computación en distintas liñas de investigación que se están a desenvolver na USC.

A mostra conta cunha importante achega tanto do Centro de Supercomputación de Galicia como do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

Pode que che interese...