fbpx
Calcopirita, un dos minerais de rocha / minerales.com

Ferrol acolle unha mostra de minerais de todo o mundo

Tempo de lectura: < 1 min.

O terceiro andar da Biblioteca Municipal de Ferrol acolle desde este luns a mostra didáctica ‘Mineirais, xoias da natureza’, que é unha recompilación de mais de 150 pezas recollidas en todos os continentes. Ademais, pódese ollar un pequeno conxunto de utensilios ou aparellos empregados na identificación ou determinación de especies minerais.

Como complemento a esta exposición, a Biblioteca Municipal tamén celebrará dous talleres e unha conferencia sobre os minerais que serán impartidos polo xeólogo Francisco Canosa, que impartirá unha conferencia o vindeiro 28 de setembro de entrada libre.

O primeiro destes talleres está dirixido a nenos e nenas, a partir de 7 años, e terá lugar o luns 10 de xullo, de 11.00 a 12.00 horas, con 20 prazas. O segundo, celebrarase o día xoves 13 de xullo, de 11.00 a 13.00 horas, e estará dirixido a mozos e mozas e adultos, con 20 prazas.

Para poder participar nos talleres pódese solicitar a inscrición a partir do luns 26 de xuño por teléfono, por correo electrónico o presencialmente na Biblioteca. A mostra dos minerais estará na Biblioteca ata o 29 de decembro, e pódese ver de 9 a 14 e de 17 a 21:00 horas.

A exposición foi presentada este luns polo concelleiro de Cultura e Educación, Suso Basterrechea, xunto co xeólogo Francisco Canosa Martínez, que é o propietario dos minerais expostos e moi coñecido en Galicia polo seu intenso labor de investigación, docente e divulgativa.

Pode que che interese...