fbpx
Neonymus, a quen Iker Jiménez chama o "chamán do son", en concerto / tantanpress.es

Como sentir a arte rupestre a través de quen Iker Jiménez define como “O chamán do son”

Tempo de lectura: 2 min.

O Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) preparou para este verán un amplo e diverso programa de actividades culturais co obxectivo de dar a coñecer como se fixeron e o estado actual dos grandes petróglifos galegos que conserva o parque. Un programa que conta coa participación do “chamán do son”.

O punto de partida será outra vez o singular formato de visitas nocturnas aos petróglifos do Parque, coñecido pola denominación de NOITEPEDRAS que este ano acada a súa terceira edición cun novo sistema iluminación LED e unha temática e itinerario diferente: “Cazadores e guerreiros na Idade do Bronce”.

Ademais, e segundo informa o propio parque nun comunicado, continuarase coas célebres visitas teatralizadas dos Quinquilláns/Volta e Dálle Teatro coa obra “O Retorno”, e os coñecidos “Obradoiros Arqueolóxicos Familiares” para achegarse á arqueoloxía dunha maneira didáctica e divertida, aproveitando a súa experiencia como un centro de referencia en arqueoloxía experimental en Galicia.

 

O evento posiblemente máis mediático do Parque vai ser o “Taller Concerto” de Neonymus, un dos artistas musicais do momento que Iker Jiménez define como “O chamán do son”. Tamén hai a opción de gozar do taller “Historia inventada dá música inventada” ou do concerto “Ultra-humano”. Outro evento singular e ofrecido pola portuguesa Prehistoric Skill Events consiste en vivir durante un día como na Idade do Bronce.

Tamén salienta o novo formato de visita guiadas especiais para coñecer ao longo de dúas horas a paisaxe rupestre do Parque e coñecer espazos e petróglifos extraordinarios que non se atopan dentro da ruta habitual, este tipo de visita ten a denominación de “Atardeceres do Parque”.

Finalmente tamén terá lugar unha nova actividade, “Petróglifos e Estrelas”, proposta pola empresa Rutea para gozar da choiva das Perseidas. Máis información de datas, prezos e reservas na páxina web (www.paar.es) ou no teléfono 886 151 195.

Pode que che interese...