fbpx
Castro de Chandebrito / turismo.gal

Foi o castro de Chandebrito un dos berces do comercio galaico?

Tempo de lectura: 2 min.

Unha prospección nunha edificación de gran antigüidade empregada despois como lugar de almacenaxe. Nela atopáronse milleiros de fragmentos de cerámica pertencentes a diferentes momentos da prehistoria galega. E entre eles fragmentos cerámicos fenicios e romanos que evidencian un comercio de excepcional antigüidade entre a Galicia da Idade do Bronce e do Ferro e diferentes puntos do Mediterráneo.

Este é o excepcional achado que, segundo se publica no Diario Atlántico, acábase de facer na última campaña de escavacións no castro de Chandebrito, en Nigrán, rematada este novembro. Nela apúntase cara o feito de que Chandebrito puido ser un dos asentamentos comerciais máis antigos do territorio galego, mantendo a función comercial durante toda a súa ocupación.

Castro de Chandebrito antes da escavación e dos lumes / patrimoniogalego.net

E é que, cos novos achados, a cronoloxía do castro podería pasar do s. VI a.C. ó s.VIII a.C., converténdose por cronoloxía, non só nun dos primeiros asentamentos da cultura dos galaicos, senón tamén nun dos primeiros en funcionar como asentamento comercial. Nel se puideron identificar relacións comerciais mantidas a milleiros de quilómetros, co Mediterráneo ou cos romanos no Guadalquivir.

Na intervención se acharon tamén multitude de obxectos, como fusos para lá, fío e liños, pedras de afiar, metais ou unha conta púnica. A escavación foi desenvolvida por Árbore Arqueoloxía e Restauración Sociedade Cooperativa Galega cun orzamento de 31.556 euros procedentes del Plan Concellos. É a primeira intervención que se fai no xacemento despois de que no ano 2017 ardera por completo.

Castro de Chandebrito | Foto 1.1 Fotografia

Castro de Chandebrito tras os lumes de 2017

Pode que che interese...