fbpx
Antonio Alarcón foi sentenciada á decapitación

Quen foi a revolucionaria Antonia Alarcón, decapitada por liderar un motín no Ferrol de 1810

Tempo de lectura: 2 min.

A cidade de Ferrol ten unha longa historia de loitas sindicais e revoltas republicanas. Alí foi o berce do socialismo e o anarquismo en Galicia. Tamén do nacemento das loitas das mulleres traballadoras, como aconteceu hai máis de 200 anos. O 10 de xaneiro de 1810 a consecuencia do tratado da alianza e comercio entre os gobernos español e inglés, obrigouse a todas as forzas navais do Reino de España a reunirense no porto de Cádiz. Isto supuña desmantelar os arsenais ferroláns e o traslado, xunto cos navíos, dun importante número de persoal militar.

Foi un duro golpe para a poboación de Ferrol, xa que quedou moita xente sen traballo. Os traballadores desesperados saíron ás rúas anoxados. Antonia Alarcón, viuva dun traballador, púxose á fronte da sublevación obreira. Os traballadores entraron no Arsenal e sacaron a golpes ao xeneral do departamento e xefe da escadra, José de Vargas, a quen acusaron de ter oculto o diñeiro para saldar a maior parte do crédito destinados para os traballos navais da maestranza. Nun xuízo sumarísimo, asmasas executarono e o seu cadáver foi arrastrado polas rúas da cidade.

Despois destes sucesos A Audiencia de Galicia castigou aos gardas do arsenal pola súa pasividade e Antonia Alarcón foi decapitada na Coruña e acusada de ser a principal dirixente da revolta. É así como en xaneiro de 1811 a Audiencia da Coruña emitía sentenza contra dúas mulleres e un home acusados de ser xefes do motín, establecendo que unha delas fora colgada na forca ‘ata que naturalmente morra e, de así executada, sexa cortada e dividida a súa cabeza dos ombreiros por man do executor de xustiza, [e] e se poña nun Pau coa súa escarpia fronte á Porta do Dique […e alí] publicar os delitos que cometeu e a pena en que incorreu a sobredita por voz do mesmo oficial’.

Aquelas loitas sementaron en Ferrol as sementes do sindicalismo de clase. Pero en ningún lugar publico lembra hoxe a Antonia Alarcón, aínda que as súas fazañas seguen lembrandose dentro do movemento obreiro ferrolán.

Pode que che interese...