fbpx
Tumba do neno Juan Darriba Fernández (o neno heroe da Coruña) no cemiterio de San Amaro / Cope.es

Que teñen en común o neno heroe Juanito Darriba e Conchita Picasso?

Tempo de lectura: 2 min.

A mortalidade infantil foi moi alta en diversos períodos da historia. Moitos nenos foron vítimas da cólera en 1854 e foron enterrados no cemiterio de San Amaro. Mais logo sería tamén o lugar de enterramento de personaxes como a irmá de Picasso ou Juanito Darriba, o neno heroe. Estas son as súas historias.

Conchita Picasso, a primeira musa do pintor cubista por excelencia

Pablo Picasso é sen dúbida un dos pintores máis influíntes da historia. A súa estadía en A Coruña marcouno para o resto da súa vida, principalmente pola morte da súa irmá Conchita no ano 1895 a causa dunha difteria. Conchita morrería con tan só sete anos de idade, mais quedou por sempre na memoria do seu xenio irmán.

Conchita fora a primeira musa do malagueño, na actualidade consérvanse varios retratos da xove. Conchita e a arte de Picasso están moi ligadas, ata tal punto que Picasso prometeu deixar de pintar se Deus salvaba á nena. Non funcionou e Conchita foi enterrada nunha fosa común en San Amaro, mais onde exactamente?

Hai dúas localizacións propostas. A primeira é a zona con xardín fronte á entrada que estaba adicada aos nenos vítimas da cólera no 1854. A segunda opción é a parte baixa do cemiterio, na zona máis próxima ao mar.

Juanito Darriba, o neno heroe

Juanito Darriba tiña 11 anos cando se tirou ao mar ao ver en perigo a Josefa Fernández, unha muller que se bañaba no Orzán. Cuando chegou á beira, el xa non tiña respiración. Era 9 de agosto de 1896, e Juanito pasou á historia como o ‘Neno Heroe’. Dous días despois, o concello aprobou entregarlle á familia a perpetuidade da sepultura na que foi enterrado, escondida entre sepulturas do terceiro departamento. Na lápida, o “excelentísimo ayuntamiento” resume o xesto que fai recordar a “tan malogrado héroe”.

Pode que che interese...