fbpx
Casa Cornide, residencia da familia Franco na Coruña / foto panoramio.com

A Casa Cornide un pouco máis preto de ser declarada Ben de Interese Cultural

Tempo de lectura: < 1 min.

O pasado sábado un guindastre percorría o perímetro da Casa Cornide, na Cidade Alta da Coruña. Facíao para sacar un rexistro fotogramétrico do edificio co obxectivo de documentar o informe previo para a declaración de Ben de interese Cultural do histórico inmoble. A Casa Cornide foi en tempos a Casa do Concello da cidade e hoxe atópase en mans da familia Franco.

O informe, que se atopa dirixido polo catedrático de Historia da Arte Moderna da Universidade de Santiago de Compostela, Alfredo Vigo Trasancos, estase a desenvolverse a bo ritmo dende o mes de novembro e será presentado en breve ante a Dirección Xeral de Patrimonio. Segundo Alfredo Vigo a Casa Cornide debería estar xa declarada BIC.

O traballo contemplaba este levantamento que estaba programado con anterioridade pero que tivo que ser adiado polo Estado de Alarma e desenvolvido pola empresa Tomos. A declaración forma parte dos obxectivos marcados polo Consello da Memoria Histórica e agárdase que, moi pronto, un dos edificios máis singulares da cidade conte coa maior protección legal.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...