fbpx
Monumentro aos mártires de Sobredo, asasinados nunha protesta contra os foros / Xohán Arco da Vella

Os mártires de Sobredo, os tres labregos que morreron en 1922 por negarse a pagar un imposto medieval

Tempo de lectura: 2 min.

Monumentro aos mártires de Sobredo, asasinados nunha protesta contra os foros / Xohán Arco da Vella

Hai 95 anos perdían a vida Cándida Rodríguez de Pazos de Reis, Venancio González de Budiño, e Xaquín Estévez de Soutelo.  Tres labregos asasinados ao ser reprimida a tiros unha concentración que se opuña ao embargo de bens dun veciño por non pagar o foro; un imposto medieval que permanecía sobre as terras en pleno século XX. A partir de entón serían coñecidos como os mártires de Sobredo.

Para conmemorar este feito, o Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo –IEAMSo- organiza este martes día 28 unha Mesa Redonda baixo o título “A voz das familias”, na que interveñen representantes das familias dos Mártires de Sobredo. Terá lugar na Sala Félix Rodríguez, con acceso na parte traseira da Área Panorámica de TUI, a partir das 20:00 horas.

Coa Mesa Redonda, dentro do ciclo de actividades tituladas “Sobredo, 95 anos despois”, dáselle a palabra ás e aos descendentes das persoas falecidas nos tráxicos sucesos; para así poder contar coa súa testemuña e memoria que se transmite de xeración en xeración.

Outras homenaxes

O IEAMSo pecha con esta Mesa os actos de conmemoración anual dos feitos; o domingo 26 de novembro desenvolveuse ao pe do Monumento aos Mártires un acto cívico, coas intervencións de Xosé Alfredo Pereira da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais, e Alba Nogueira profesora na Universidade de Santiago e neta do escultor Camilo Nogueira, autor do monumento.

Nesta liña de traballo, co obxectivo de

Monumentro aos mártires de Sobredo, asasinados nunha protesta contra os foros / Xohán Arco da Vella

os sucesos acontecidos en Sobredo o 28 de novembro de 1922, enmarcados na loita agraria e que remataría coa redención dos foros, o IEAMSo que traer Sobredo á actualidade e reivindicarmonos os valores solidarios e construtivos na procura dunha vida máis xusta, inspirándose nos principios que moveron á sociedade daquela época.

Pode que che interese...