Ferrol restaura dous canóns do século XVIII

A cureña e o “carro” de madeira que sostén a parte de fundición do canón / ClkerCC0
Un dos máis singulares e máis descoñecidos museos de Galicia é Exponav, o Museo da Construción Naval de Ferrol. O museo e fundación, localizados en pleno corazón do Arsenal histórico de Ferrol conta, non so cunha localización inmellorable, senón cunha colección única sobre a historia da cidade e máis sobre o mundo naval. O museo está aloxado no edificio Blacksmith, un dos edificios principais do Arsenal do século XVIII, e é considerado polos expertos un dos museos navais máis importantes de Europa.
Este museo, inaugurado no ano 2008, e de máis de 4.000 metros cadrados, continúa a sumar diversas pezas dende a súa inauguración. As últimas, segundo publica La Voz de Galicia, son dúas novas cureñas -o elemento que sostén a parte de fundición dos canóns- que servirán para soster dúas pezas do século XVIII, procedentes do pecio fragata Magdalena, xa restauradas. As cureñas foron doadas por Windar Renovables e están feitas de xeito artesanal, imitando procedementos da época, de madeira de teca.