fbpx
noite / fotoFelixMittermeierCC0

Estamos a perder a nosa noite?

Tempo de lectura: 2 min.

A noite é necesaria. Todos os que nos criamos lonxe das grandes cidades sabemos á perfección ó que é unha noite galega, escura, estrelecida, co resplandor ó lonxe das das vilas dos arredores. Tamén sabemos como nos últimos lustros o resplandor destas vilas, das estradas e doutras vilas máis pequenas, cada vez son meirandes. Sabemos dos resplandores dos aeroxeradores, dos avións, das luces das festas, do tráfico, dos paseos marítimos, dos grandes monumentos, máis tamén da substitución en moitos lugares do resplandor das farolas por luces led.

A contaminación luminosa é, en resumo, o brillo nocturno indirecto, de luces que non se ven directamente, que se reflicten e se difunden ó bater coas partículas do aire ou dos gases que forman a atmosfera. É un fenómeno que xa se debate no mundo dente a década de 1980 e que deu lugar no ano 1988 a fundación da International Dark-Sky Assotiation (IDE). Un problema, polo tanto, que xa se considera dende un ámbito global. Ademais da contaminación luminosa tamén hai unha contaminación de onda, producida polas comunicacións.

Pois a Casa das Ciencias da Coruña fixouse en que estamos a perder a noite, e xunto cos Museos Científicos Coruñeses produciron o filme A noite é necesaria, unha produción visual que se proxectará a partir do 23 de xuño no Planetario e que aborda os efectos da contaminación luminosa. O filme, que se proxectará en dúas sesións diarias, ás 13.00 e ás 18.00 horas afonda precisamente nos aspectos desta perda progresiva de escuridade nos nosos ceos. José Manuel Sande, o concelleiro de Culturas da Coruña, presentou onte a nova proxección.

Presentación de A noite é necesaria, na Casa das Ciencias / foto Concello da Coruña

Pode que che interese...