Así foi o Castro Animado de Cabana, a festa que fixo honra ó seu nome
O castro de Borneiro ou a Cibdá, en Cabana de Bergantiños, é sen dúbida un dos máis importantes castros de Galicia, tanto polo enclave no que se atopa, a poucos quilómetros do famosos dolmen de Dombate, como por atoparse escavado nas súas tres cuartas partes. Foi descuberto en 1924 por Isidro Parga Pondal, e escavado en 1930 por Sebastián González García-Paz, sendo despois escavado novamente en 1970 e en 1980. É, por todo isto, un dos monumentos máis famosos da Costa da Morte, declarado Ben de Interese cultural no ano 2011.
Mais dende fai xa preto dunha década celébrase neste recinto unha singular festa, mistura de festa histórica, exaltación do patrimonio e da cultura do concello, no que as xentes de Cabana gozan dunha xornada lúdica e relaxada, con comida popular, visitas guiadas, e vestimentas típicas da época. Este ano celebrouse este sábado día 28 de xullo, e contou coa actuación do Mago Antón, así como do grupo tradicional O Son do Castro e un encontro de agrupacións folclóricas de toda Galicia . Este ano contará coa particularidade de que as visitas serán teatralizadas feitas polo grupo teatral Os Quinquilláns que actuarán tamén no Dolmen de Dombate. Serán dous espectáculos “No tempo das pedras” e “Borneiro”. Se fixeron tamén in situ, no propio castro, obradoiros sobre frechas e moído, que se están a desenvolver dende semana santa no dolmen. Tamén houbo visitas guiadas ambientadas.
- festa no bosque que antecede o castro no Castro Animado / foto HdG
- O toque dos cornos soou no castro no Castro Animado / foto HdG
- Musica e historia no Castro Animado / foto HdG
- Soldado defendendo a entrada do castro no Castro Animado / foto HdG
- Unha gaita no Castro Animado / foto HdG
- Festa no bosque que antecede ó castro no Castro Animado / foto HdG
- Obradoiro de frechas no Castro Animado / foto HdG
- Pedra Formosa no Castro Animado / foto HdG
- Festa no bosque que antecede ó castro no Castro Animado / foto HdG
- Un dos obradoiros no Castro Animado / foto HdG
- Obradoiro de caza e frechas no Castro Animado / foto HdG
- Obradoiro de moenda no Castro Animado / foto HdG
- Detalle da festa no Castro Animado / foto HdG
- Obradoiro de frechas / foto HdG
- Ogardián da porta do castro no Castro Animado / foto HdG
- Gaiteiros no Castro Animado / foto HdG
- Un dos obradoiros no Castro Animado / foto HdG
- Un estandarte dun clan no Castro Animado / foto HdG
- Un guerreiros castrexos preparados para a guerra no Castro Animado / foto HdG
- Un moz guerreiro castrexo no Castro Animado / foto HdG
- Unha daga castrexa no Castro Animado / foto HdG
- Obradoiro de frechas no Castro Animado / foto HdG
- Escudos castrexos sobre un dos muros do castro de Borneiro / foto HdG
- Obradoiro de moenda no Castro Animado / foto HdG
- Castro a Cibdá en Borneirob / keekeskeeCC0
.