fbpx
Prospeccións no castro de Cerneda en Abegondo / foto Castro de Cerneda

Abegondo comeza a escavar un dos castros máis grandes de todo o Arco Ártabro

Tempo de lectura: 2 min.

O pasado martes día 20 comezaron os traballos de prospección do Castro de Cernada, en Abegondo. Trátase dun dos castros máis excepcionais do municipio e un dos maiores de todo o Arco Ártabro, chegando ós 200 metros de longo e 3,5 ha de extensión. O conxunto consta ademais de antecastro, unha muralla de considerable altura e varios foxos intercalados.

É por isto que o Concello de Abegondo, en colaboración con Turismo de Galicia, quere escavar, estudar e recuperar este xacemento, xa que podería ser un dos máis singulares da comarca da Coruña. O obxectivo é crear un conxunto de gran valor, recuperando o poboado así como o bosque autóctono que o cingue, recuperando a paisaxe cultural e natural e poñendo en valor o entorno do ben.

Para isto está en marcha unha escavación arqueolóxica que planea a limpeza do castro, prospección con xeorrádar, levantamentos arqueolóxicos e un rexistro topográfico. Tratarase de localizar restos da antiga ocupación, delimitar o seu arco cronolóxico e sacar á luz as primeiras estruturas. Tamén de levar a diante as primeiras actividades de divulgación.

Visitas guiadas e difusión na web

Ademais, un dos obxectivos dos traballos é amosar dende un primeiro momento o desenvolvemento das obras. É por isto que o xacemento pode ser visitado por aqueles interesados ​​ a través de visitas guiadas. Estas serán dun máximo de catro persoas e terán unha duración de entre 15 e 20 minutos.

Os asistentes poderán coñecer en primeira persoa ó traballo dos arqueólogos, o detalle das traballos e os achados que se vaian facendo. As visitas pódense facer durante esta semana, dende o luns 26 de outubro, de 9 a 17 horas, con cita previa, a través dos teléfonos do Concello ou do seu correo electrónico. Ademais tamén é posible seguir o desenvolvemento das escavacións a través das redes sociais do equipo de escavación.

astro de Cerneda en Abegondo / foto Nemigo CCBy Wikimedia

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...