fbpx
Loita de cabalos na rapa das bestas de Sabucedo / Oscar Dacosta

Xullo arrinca cun fin de semana cheo de festas históricas e culturais

Tempo de lectura: 3 min.

Chega o primeiro fin de semana completo de xullo e con el volverá o bo tempo. Un bo tempo que non so nos permitirá gozar da paisaxe, as praias e dos lugares monumentais de Galicia senón que ademais permitiranos gozar xa o cen por cen das nosas festas galegas. Pois precisamente a fin de semana ven enchida de festas históricas e actos culturais. Unha fin de semana que permitirá gozar ó longo de toda Galicia de actividades históricas, gastronómicas e do mellor da nosa cultura.

Feiras medievais, irmandiñas e indianas

Así. esta será a fin de semana por excelencia das festas históricas galegas, que encherán o noso país de norte a sur. Padrón, Betanzos, Ribadeo e Vimianzo serán os destinos desta fin de semana para viaxar no tempo e coñecer a historia de Galicia en vivo. A vila do pedrón vivirá a XIII edición da súa Feira Medieval, co obxectivo de converterse un ano máis no berce do do xacobeo, como proclaman no seu cartel. Pola súa banda, nas Rías Altas, Betanzos será a vila que volva tamén ó noso medievo coa XXI Edición da súa Feira Franca Medieval de Betanzos dos Cabaleiros. A terceira cita será en plena Costa da Morte, onde non so rememorarán este período dun xeito pacífico, lúdico e festivo, senón que asaltarán un ano máis polas bravas o castelo de Vimianzo no nome das tropas Irmandiñas. 

Unha festa histórica /foto WadamsCC0

Como en toda festa medieval non faltarán, en ningún dos tres casos, mercados de artesanía, recreacións, xustas, cetrería e comida e bebida en abundancia. Mais no norte, en Ribadeo, a historia tomará as rúas dun xeito máis morno e tranquilo. Xa que nesta vila da Mariña de Lugo rememorarán co seu Ribadeo Indiano unha época na que o retorno da emigración traeulle a moitos lugares de Galicia referencias globais e de ultramar. Haberá pasarrúas, mercado ultramarino, mercado da horta, un festival de habaneras, unha exhibición de coches clásicos e degustación de comida indiana. 

Un menú completo, moita cultura e Bestas en Sabucedo

Mais se o que queremos é degustar os mellores produtos da nosa terra esta fin de semana tampouco nos deixará indiferentes. Dependendo de se somos máis de carne ou de marisco, de comida ou de bebida, hai unha cita para cada padal ó longo de toda a nosa xeografía. Pois para churrasco poderemos escoller Ponteareas, para polbo Cariño, podemos degustar mexillón en Sanxenxo, estruga en Celanova, lacón en Silleda ou Langosta en A Guarda. Podemos completar o menú co tinto das Rías Baixas de As Neves e pan de Carballo.

Esta fin de semana pode degustarse pan de Brea en Carballo / foto teamLumondiCC0

Mais se o que queremos non é encher o bandullo senón gozar de celebracións culturais e ritos milenarios, aínda hai celebracións dabondo por toda Galicia. Como xa comentábamos estes días a cultura ensalzarase na vila de Cangas coa súa Mostra de Teatro Cómico e Festivo, que encherá as rúas, os locais e os auditorios do mellor teatro galego. Pero se o que buscamos é coñecer a cultura tradicional, podemos escoller entre, se somos de mar as XIV Xornadas de Cultura Mariñeira de Muros, ou se somos de terra a XII Feira de Artesanía de Outeiro de Rei. Para música tradicional escolleremos Pontecesures e se o que queremos é un pouco de troula Salceda de Caselas celebra o seu Carnaval de Verán.

Momento da obra Divinas Palabras Revolution do Centro Dramático Galego / Foto HdG

Aínda que o inventario de festas en Galicia, como sempre é innumerable, so nos resta unha máis. Sen dúbida a máis relevante da fin de semana. Pois un ano máis as bestas ou cabalos salvaxes dirixiranse ó curro de Sabucedo para facer as puntas. Pois un ano máis o Concello da Estrada celebrará a máis famosa de entre todas as festas cabalares de Galicia, a Rapa das Bestas.

a ollada dunha besta / foto markusspiskeCC0

Pode que che interese...