fbpx
Mosteiro de Carboeiro / foto AlmaCCBy Wikimedia

Por fin…. Adeus ás humidades do Mosteiro de Carboeiro

Tempo de lectura: < 1 min.

Carboeiro sufrirá unha nova restauración. Será co obxectivo de eliminar as humidades e filtracións que aínda a día de hoxe sofre o mosteiro. Para isto a Consellería de Cultura, tal e como anunciaba o pasado mércores o conselleiro Román Rodríguez, coa colaboración do Concello de Silleda e da Diocese de Lugo, propietarios do espazo, investirá arredor de 323.000 euros, cun prazo de execución de catro meses e medio.

As actuacións a desenvolver estarán orientadas a eliminar as filtracións no templo, así coma nas propias salas do mosteiro. Para isto procederase á limpeza e reparación da cuberta da igrexa e a limpeza das fachadas. Farase tamén unha mellora das fiestras das torres para evitar a entrada de auga. Procederase tamén á reparación de muros do mosteiro en mal estado e á rehabilitación da cuberta da antiga casa monacal.

 

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...