Restauración do lavadoiro do barrio de Rial, en Soutomaior / XdV

Os lavadoiros, ou cando os veciños reforzaban os lazos da comunidade

Tempo de lectura: < 1 min.

O Concello de Soutomaior acaba de iniciar os traballos de restauración do lavadoiro do barrio de Rial. Unha actuación, enmarcada no Programa Municipal de Recuperación de Patrimonio que ten como obxectivo recuperar antigas zonas de uso colectivo, como as fontes e lavadoiros, para darlles unha nova vida.

O alcalde desta localidade, Agustín Reguera, destacou que esta clase de actuacións son moi demandadas pola veciñanza polo seu valor sentimental xa que estes puntos servían tradicionalmente como lugar de encontro entre os veciños, “e neles, ademais de lavar a roupa, compartíanse experiencias, facían amizades para toda a vida e fortalecíase a comunidade”. Podes ler toda a noticia en Xornal de Vigo.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: