fbpx
Lavadoiro da Pedreira en Cambados / foto Concello de Cambados

A Deputación de Pontevedra destina 376.000 euros para financiar case 50 bens patrimoniais

Tempo de lectura: < 1 min.
Un total de 376.824,55 euros financiarán 47 actuacións de rehabilitación do patrimonio histórico e cultural da provincia de Pontevedra. A Deputación Provincial deu a coñecer este 3 de xaneiro as listaxe de axudas concedidas aos concellos ao abeiro desta liña, que incrementou en 77.000 euros a respecto da anterior convocatoria e que pretende a restauración de bens inmobles de titularidade municipal con valores patrimoniais, a adquisición de novos elementos deste tipo ou a sinalización dos mesmos.

Entre as actuacións que reciben unha maior contía destes fondos destacan os traballos na fonte Raíña e a conservación do peto de ánimas e cruceiro en Cedeira que desenvolverá Redondela con 28.449 euros, así como a conservación e mantemento no eido da casa Peralba, que o Concello de Gondomar acometerá con 26.207. Os 20.392 euros cos que Tomiño rehabilitará o Lavadoiro Fonte do Ramo, a mellora da capela de Santo Adrao en Lalín (17.787) e a recuperación e restauración da muralla da Torre de Meira en Moaña (17.484) son as seguintes propostas que obteñen máis apoio da entidade provincial.

Pode que che interese...