fbpx
Pontella do Briñal en Allariz / foto Lameiro Wikimedia CCBy

A enchente do río Arnoia leva por diante un dos grandes tesouros etnográficos de Allariz

Tempo de lectura: < 1 min.

Allariz é unha das vilas de Galicia que mellor conserva o seu patrimonio histórico e etnográfico. Máis dende o paso do temporal Helena conta cun atractivo menos. Pois a enchente do río Arnoia ó seu paso pola localidade levouse por diante un dos grandes tesouros etnográficos da localidade, a pontella do Briñal.

Era esta unha pontella, pontillón ou ponte peonil alintelado, que contaba con preto de vinte tramos, construídos con grandes lousas, sobre tallamares de perpiaño, a xeito de linteis. A enchente do río Arnoia, xunto coa gran cantidade de toros e ramaxes de árbores, procedentes de anteriores temporais, fixo que aumentara a presión sobre a ponte, cedendo finalmente a finais da pasada semana. Segundo o xornal La Región, que recolle a nova, algúns veciños xa alertaran do perigo.

Pode que che interese...