Dixitalízanse o “cento por cento” dos arquivos da Diocese de Ourense
735 parroquias compoñen a Diocese de Ourense. E o arquivo de todas elas foron informatizados. Así o afirmou o Bispado de Ourense nun comunicado no que di que se dixitalizaron o “cento por cento” deles, nun conxunto que destaca pola “ampla marxe temporal dos documentos”.
Papeis dende o século XVI a outros de recente inclusión cun “irregular estado de conservación de moitas das pezas”. Un arquivo recompilado dun total de 10.150 libros, dende partidas sacramentais ata documentos varios de carácter matrimonial, artísticos, persoais e económicos, dende o século XVI ó XXI.
Destacan que “é posible que sexa a única Diocese de España que lograse este obxectivo”, así como o valor dunha recuperación documental da que poderán beneficiarse tanto os membros da curia como dos investigadores. O arquivo incluiría parroquias de vilas tan excepcionais como Ribadavia, Verín, Allariz, Celanova ou Castro Caldelas.