fbpx
Fotografía de Constantino Suárez do Consejo Soberano de Asturias y León durante a Guerra Civil.

A resistencia republicana de Asturias que chegou a Galicia, presente este sábado en Celanova

Tempo de lectura: < 1 min.

A comezos deste mes de novembro Josefa Fernández despois de 80 anos coñeceu o paradero do seu pai que fora fusilado polos franquistas na Guerra Civil en Celanova. Este home era asturiano, e como outros dos seus compatriotas, foi enviado a Celanova. Por desgracia, Celanova e Asturias quedaron sempre ligados.

Por isto, este sábado día 4 de decembro, o cineasta asturiano Ramón Lluís Bande presentará o seu últime filme sobre a Guerra Civl en Celanova: Vaca mugiendo entre ruinas. A presentación terá lugar no salón principal do Auditorio Municipal ás 17:00 horas e a entrada será gratuíta.

En Vaca mugiendo entre ruinas, o material de traballo son as fotografías de Constantino Suárez –tomadas entre 1934 a 1937 en Xixón e a súa contorna– a través das que se narra a historia do Consejo Soberano de Asturias y León, que dirixiu a resistencia republicana até a caída da fronte en outubro do 37.

Ramón Lluís Bande tamén presentará en Celanova o libro Cuaderno de la guerra, un guión estendido do filme, no que recolle as imaxes de Constantino Suárez, textos xornalísticos, documentos políticos, xunto a unha fonda reflexión sobre a memoria e o papel do cine na reconstrución da memoria.

Pode que che interese...