fbpx
Barrio de Mergelina / foto Concello da Guarda

Así foi restauración dun barrio enteiro do castro máis visitado de Galicia, o de Santa Trega

Tempo de lectura: 2 min.

Este venres día 1 de febreiro tivo lugar no bar O Couto de Camposancos, a segunda das barferencias, ou conferencias nos bares, deste ano que organiza o Concello de A Guarda. Esta vez estivo a cargo de Luis Francisco López González quen se achegou para falar do «Barrio de Mergelina, un modelo de restauración arqueolóxica».

E é que o barrio do barrio da Mergelina do castro guardés de Santa Trega, constituíu unha das restauracións máis importantes desenvolvidas nos últimos anos nun xacemento arqueolóxico de Galicia. Trátase dun barrio completo do castro que foi escavado nos anos 2015 e 2016 e que ó longo de 5 meses foi restaurado e consolidado, ocupando unha superficie total de 2.642 metros cadrados.

Barrio de Mergelina / foto Concello da Guarda

A restauración e consolidación do xacemento guardés foi executada por Terra Arqueos baixo a coordinación de Rafael Rodríguez, arqueólogo da Deputación. Rodríguez dirixiu a intervención realizada no Trega entre setembro de 2015 e abril de 2016 no que se sacou á luz esta parte do castro. Durante a fase de escavación do barrio Mergelina constatouse que o castro foi ocupado dende o século IV a.C, bastante antes do que se pensaba.

Tamén se sacaron á luz 43 novas estruturas arquitectónicas que compoñen 11 unidades familiares e ata 43.833 pezas, que formarán parte do vindeiro proxecto de musealización. A obra foi promovida pola Deputación de Pontevedra no marco das actuacións do protocolo asinado co Ministerio de Fomento para a posta en valor dos xacementos galaico-romanos da provincia. Para a obra contouse cun orzamento de 367.719 euros.

Barrio de Mergelina / foto Concello da Guarda

Pode que che interese...