fbpx
Meco do Concello de Satntiago / foto Concello de Santiago

Cales son as orixes do Meco de Entroido en Galicia; desde a traidición feudal ao Padre Sarmiento

Tempo de lectura: 3 min.

Este sábado volveu ser o protagonista. O “meco” do entroido de Compostela saía da praza de Cervantes peregrinando en desfile “solemne” ata a praza do Toural. Despois era subido ó balcón do pazo de Bendaña para presidir, dende alí, coma todos os anos, o entroido compostelán. Non foi o único protagonista, zancudos, comparsas, mascaradas e a presencia no rural dos Xenerais da Ulla, pero si é a figura protagonista. Pero, de onde ven a figura do meco?

O Meco, é un monifate, ou unha falla, os mércores de cinza se queima con gran pesar tralo enterro da sardiña. É cada ano unha personaxe satírica, polo xeral personificada cun porco, que representa unha das grandes “desviacións” da actualidade política nacional ou local, e que este ano se inspirou no comisario Villarejo e nas cloacas do Estado.

Meco do Concello de Satntiago / foto Concello de Santiago

Polo xeral un meco é sempre un personaxe que representa as grandes desviacións da moral dunha localidade, un bébedo, lacazán e lambón que soe ter debilidade pola comida, a sexualidade e os cartos. O meco é tradicional de moitas localidades galegas, sendo, como no caso de Compostela o encargado de abrir, presidir e fechar coa súa queima as festas de entroido.

O Padre Sarmiento e o meco do Grove

E é que, coa chegada do Cristianismo, o entroido foi ante todo unha festa de liberación. Era a época do ano para criticar á moral establecida, e de parodiar ós grandes persoeiros das cidades e vilas. É por isto que, por tanto, as orixes dunha personaxe que fai mofa do poder, como é o meco, debeu ser dabondo antiga. Porén, a primeira mención que se ten en Galicia da personaxe do meco faina o Padre Sarmiento no século XVIII.

San MArtín Sarmiento / foto Biblioteca Nacional PD

Cóntase que a súa orixe estaría na localidade do Grove. Alí vivira un home que tiña unha longa fama de vividor, bebedor e mullereiro. Dise que pola súa actitude foron os propios habitantes da vila que chegado o día de entroido, farto dos seus abusos, collerono e aforcarono, pendurándoo dunha figueira. Cando as autoridades pescudaron polo autor do crime, as xentes da vila, un por un, autoinculpáranse do crime. Gracias a isto ninguén puido ser acusado.

Sexa como for, a historia pasou tanto á tradición oral como á literatura escrita popularizándose noutras historias como o relato “O señor feudal ou quen matou ó Meco” de Francisco Franco Calvete, escrita na década de 1920. Nela en lugar dun crego falábase dun señor feudal, que abusaba do dereito de pernada na vila e que fora pendurado dunha figueira do Monte Siradella. Dende aquela as xentes do Grove, do mesmo xeito que os composteláns, e como outras moitas localidades galegas, teñen como protagonista do seu entroido ó meco.

Deseño do meco no programa do Entroido / Concello de Santiago

 

Pode que che interese...