fbpx
Instrumentos musicais da exposición Son de Canto, música, baile e teatro dos coros

Queres disfrutar de música medieval con instrumentos medievais en vivo e en directo?

Tempo de lectura: < 1 min.

música medieval inundará lugares históricos da provincia de Lugo. Será a través dunha iniciativa da deputación que quere poñer en valor os instrumentos musicais da colección provincial que serán os que se utilizarán nos concertos en lugares de gran relevancia histórica, como a catedral de Lugo ou numerosas igrexas da provioncia.

Por iso, dende o Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) e a Colección e Obradoiro de instrumentos musicais da Deputación iniciouse un traballo para a actuación integral na formación de intérpretes e reconstrucións históricas para a súa promoción en Galicia. “Creouse unha pequena colección de instrumentos medievais destinada ao préstamo temporal a músicos profesionais que queiran achegarse, ou aportar a súa experiencia na interpretación deste legado cultural dentro das súas xiras internacionais”, apuntou a deputada de Cultura, Pilar Porto.

Os instrumentos que se cederán por parte da Deputación para os concertos son unha zanfona medieval, unha viola de tres cordas, un salterio e unha Giga.  De feito, realizaranse 8 concertos en distintos concellos da provincia que impartirá o grupo lucenseLucus Ensemble, para dar a coñecer e poñer en valor estes instrumentos. Ademais, na Capela de Santa María presentase, ademais, nos vindeiros días, unha mostra que recollerá unha boa parte da colección máis importante en Europa de instrumentos de corda medievais dos séculos XII e XIII. Máis información en Lugo Xornal.

Pode que che interese...