fbpx
Faro Vilán, de noite / farovilan.com

Sendas dos Faros, un roteiro para coñecer os faros coruñeses en bicicleta

Tempo de lectura: < 1 min.

A Deputación da Coruña acaba de axudicar a redacción dos proxectos técnicos para a construción das ‘Sendas dos Faros‘, unha das iniciativas incluídas no plan director de mobilidade ciclista da institución provincial.

A adxudicación supón o inicio da redacción dos proxectos de obra das sendas que conectarán 11 faros das comarcas de Ferrolterra, Ortegal, Costa da Morte e Muros cos seus núcleos de poboación máis próximos.

Os faros obxecto do proxecto serán os de Estaca de Bares (Mañón), Cabo Ortegal (Cariño), Punta Frouxeira (Valdoviño), Punta Nariga (Malpica), Laxe, Cabo Vilán (Camariñas), Cabo Touriñán (Muxía), Fisterra, Cabo de Cee (Corcubión), Lariño (Carnota) e Punta Queixal (Muros).

Neles, deseñaranse un total de 59,6 quilómetros de itinerarios de sendas ciclistas apoiados na rede viaria existente. O investimento do proxecto ascende a un total de 5,1 millóns de euros.

Este proxecto, en principio, non ten que ver coa homologación da coñecida como “Camiño dos faros”, un roteiro de 200 quilómetros que une Malpica con Fisterra, e que se popularizou grazas aos “trasgos”.

Pode que che interese...