fbpx
O Penedo dos Tres reinos, o marco divisorio dos reinos de Galicia, León e Portugal / Concello da Mezquita

O Penedo dos Tres Reinos, o marco que divide tres mundos

Tempo de lectura: < 1 min.

O Penedo dos Tres Reinos (ou Fragua dos Tres Reinos) é unha elevación de 1.025 metros de altitude, integrada no sistema montañoso da serra de Marabón, na fronteira entre os tres vellos reinos medievais de Portugal, León e Galicia. E neste lugar mítico dos confíns de reinos terá lugar esta fin de semana unha fermosa andaina gratuíta organizada por Historia de Galicia a través do proxecto Rutas de Historia. Os interesados aínda están a tempo de apuntarse.

En 1864, co trazado definitivo, realizado pola Comisión de Límites, das fronteiras entre Portugal e España, mantívose a fronteira de séculos nesta rexión. A pesar de que hoxe en día os tres reinos que dan o nome á fraga aludida xa non existan (Portugal tornouse unha república, e a Galicia e León foron integradas no reino de España), a súa vella e secular designación mantívose inalterada.

Actualmente, o Penedo sitúase na fronteira entre a freguesía de Moimenta, no concello de Vinhais (Portugal), o concello de A Mezquita, na provincia de Ourense (Comunidade Autónoma de Galicia) e o concello de Hermisende, na provincia de Zamora (Comunidade Autónoma de Castela e León).

Aínda hoxe,  é un símbolo que permanece vivo na pedra e na memoria. Existe unha fonte chamada “Os tres Reinos”, que é donde aínda acuden os gandos das tres localidades limítrofes.

Pode que che interese...