Así se trasladou a estatua ecuestre de Franco, e así o propio ditador
En paz e sen incidentes, nun ambiente entre festivo e melancólico dependendo de para quen. Así foi a retirada da estatua ecuestre de Franco da praza de España de Ferrol, o gran símbolo de exaltación do Franquismo en Galicia. Foi un 4 de xullo do ano 2002, e gobernaba na cidade o nacionalista Xaime Bello.

A estatua de Franco a Cabalo no centro de Ferrol visionesdeferrolterra.blogspot.com
Para levalo tiveron que encerrar a estatua nunha armazón de metal, na que porén, seguía visible. Despois un guindastre ergueuna ata colocala nun camión que a trasladou ata o seu novo lugar. Catro horas de desmontaxe e unha de traslado. Entre os asistentes poucas autoridades, o alcalde e o líder do BNG, Anxo Quintana. Todo foi coa máxima discreción, na madrugada dun venres.
Foron tan so un par de centos de ferroláns os congregados, algúns brindando e tocando a gaita e outros en medio dun silencio melancólico, pero todos eles nun ambiente de tranquilidade e concordia. Levouse ó patio de Ferrerías do Arsenal Militar da cidade, onde permaneceu ata o 18 de marzo de 2010. De alí tamén tivo que retirarse ata un almacén da Armada en Caranza onde fica dende aquela.
O traslado do propio Franco
Esta semana fíxose, porén, o traslado do propio ditador. Faino o goberno socialista por propia dignidade democrática. Lévase dende un lugar de exaltación e memoria a un cemiterio de maior discreción. Faise en total intimidade, sen cámaras e sen a presencia de curiosos ou nostálxicos, tan so de operarios, da familia e do Notario Maior do Estado.
Porén fíxose sen sobresaltos, con discreción, sen celebracións nin manifestacións, iso si cunha importante oposición da familia e no medio dun forte debate político. Foi, polo tanto, foi lixeiramente diferente. A plena luz do día, con data e hora anunciadas e cunha gran cobertura da televisión. Porén ambas en plena calma e concordia. Mais para a ferrolá mediaba unha necesidade non ideolóxica, a construción dunha nova praza e aparcadoiro.

Ferrol e a súa ría / Latimons.wordpress.com