fbpx
Procesión de Santa Marta de Ribarteme, onde os fieis van en cadaleitos / turismo.gal

A Xunta premia turísticamente as festas de exorcismo, morte, viño e carne

Tempo de lectura: < 1 min.
O Consello da Xunta aprobou hoxe a declaración de seis novas festas de interese turístico autonómico; dúas están na provincia de Pontevedra, outras dúas na de Ourense, e as dúas restantes repártense nas da Coruña e Lugo. Festas caracterizadas pola espiritualidade, a tradición, a carne e o viño.
Trátase da Romería de Santa Marta de Ribarteme nas Neves, a Festa dos Fachós en Castro Caldelas, a Romaría do Corpiño en Lalín, a Feira da Tenreira Galega en Láncara, a Festa da Vendima en Leiro e a Festa da Carballeira en Zas. Estas festas poderán beneficiarse a partir de agora das axudas públicas do Goberno galego deseñadas especialmente para este tipo de celebracións.
Na provincia de Pontevedra entran a formar parte das festas de interese turístico de Galicia a Romaría do Corpiño, en Lalín, que destaca, entre outros motivos, pola autenticidade da procesión en que a Virxe vai portada polos veciños mentres os devotos forman unha longa ringleira arredor do santuario para que a imaxe pase sobre as súas cabezas. Este santuario tamén destaca polos seus exorcismos. Tamén se distingue á Romaría de Santa Marta de Ribarteme, no concello das Neves, coñecida, entre outros motivos, pola súa singularidade con cadaleitos portados en procesión que levan no seu interior os propios oferentes para solicitar a intervención por un familiar ou por si mesmos. Toda a información en Galicia Confidencial.

Pode que che interese...